xoves, 31 de maio de 2018

PREPARANDO TODO PARA... FINA CASALDERREY

Poñemos un resumo de todos os traballiños que fixemos coa excuso da visita de Fina. Aínda seguirán expostos uns días para que os poidades ver en vivo.


OBRADOIROS DE ARTESÁNS EN INFANTIL

Este luns tivemos a sorte de ter un roteiro por auténticos artesáns da zona as nosas familias. Nais, avós, avoas... todo un luxo contar coa vosa presenza. Grazas á súa experiencia, ás súas explicacións e ao  seu cariño fixeron deste roteiro un momento máxico.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COLABORAR!!!

OBRADOIRO DE COCIÑA


OBRADOIRO DE AROMÁTICAS


OBRADOIRO DE COSTURA


OBRADOIRO DE BOLILLOS


OBRADOIRO DE CALCETA


OBRADOIRO DE PUNTO DE CRUZ


OBRADOIRO DE TRAPILLO


OBRADOIRO DE CESTERÍA

MARTES CON ARTE: GUITARRA PARA INFANTIL

A nosa guitarrista Clara de 5º quedouse con  ganas de mais despois da súa actuación, así que se animou a sair ao patio de infantil a tocarlles un pouquiño. 

Ahí vai!!

sábado, 26 de maio de 2018

OBRADOIRO "OS ESCRITORES"


Proxecto baseado no Programa Iberoamericano Escribir como lectores, organizado pola Asociación Española De Lectura E Escritura (AELE) e a Fundación SM, que pretende poñer a literatura ao alcance dos nenos e nenas e propón a organización de distintas prácticas de escritura arredor dunha obra de autor. Este ano, xunto co resto do cole, empregamos diferentes obras de Fina Casalderrey e nós, en infantil, eleximos O segredo de Zoe

http://www.asociacionaele.com/project/escribir-como-lectores-de-una-obra-literaria/

Este proxecto terá como colofón o encontro dos nenos coa autora da obra, FINA CASALDERREY o 30 de maio de 2018.



CHARLA SOBRE DEPORTES ACUÁTICOS

O xoves 25 de maio visitou a nosa biblioteca Cassio, monitor de Stand Up Paddel para darnos unha charla formativa sobre deportes acuáticos, concretamente o Paddel. Comentounos que existen poucas actividades nas que se exercite toda a musculatura sen impacto nas articulacións. a parte de ser divertida, é moi beneficiosa para a saúde.

En colaboración co Concello de Poio, deunos a oportunidade de practicar esta actividade da man de profesionais con moitos anos de experiencia.

Por certo, veu acompañado da súa mascota, a cal practica tamén deporte. Unha mascota cariñosa como poucas hai. Qué marabilla!!!

Aquí vos deixamos algunha foto dos momentos compartidos. Moitas grazas Cassio!!!

venres, 25 de maio de 2018

MARTES CON ARTE
KICKBOXING E ACROBACIAS

Esta vez foron Leandro, Benjamín e Teo de 5º os encargados de facer a súa exposición de Kickboxing. Entre os tres fixeron un excelente exercicio de expresión oral con todo luxo de detalles. Ademais prepararon unha pequena exhibición das súas habilidades neste deporte. 

Todos uns expertos!!!!


Por outro lado, Tomás de 4º fixo algunhas acrobacias.

xoves, 24 de maio de 2018

SAÍDA AOS PETROGLIFOS

Xa temos o vídeo da saída que fixeron as nenas e os nenos de 1º e 2º para coñecer os petroglifos. Xa son todos uns expertos.

Agradecemos moitísimo ás familias que nos acompañaron na saída, en especial, a Manuel (pai de Sara de 1º) por compartir os seus coñecementos e a súa experiencia con tanta dedicación.

https://drive.google.com/file/d/1AAUqgUj3DrGMk0KuRwThcNTvp8licTh8/view?usp=sharing

venres, 18 de maio de 2018

ENQUISA ÁS FAMILIAS SOBRE A BIBLIOTECA ESCOLAR


Un ano mais, queremos coñecer a vosa opinión sobre o servizo da nosa biblioteca e así poder melloralo, así que vos pedimos uns minutiños para que cubrades esta enquisa. As vosas suxestións son importantes e axudarannos a mellorar a nosa labor.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

xoves, 17 de maio de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
MARÍA VICTORIA MORENO

Este ano ao Día das Letras Galegas estivo dedicado a María Victoria Moreno e Rabi quixo ambientar a entrada con algúns dos seus libros.


FAMILIArízate coa BIBLIOTECA: CONTACONTOS

Unha vez mais contamos na biblioteca de Rabi coa colaboración de Cristina, tía de Sara de 5 anos, para contarnos un conto. Nesta ocasión escolleu un en galego e nada mais e nada menos que de Fina Casalderrey. 

Coma sempre, grazas por colaborar Cristina. 

CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

Co gallo do Día das Letras Galegas recibimos a visita de Raquel Queizás, que nos envolveu coa súa maxia narrandonos contos maravillosos. 

Todo un luxo. Grazas Raquel

mércores, 16 de maio de 2018

FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: CHARLA - OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO

Aquí tedes as fotos da visita de Daisy Alcalde axente e representante de igualdade de oportunidades, estivo con nós todo o día. Pola mañá con charlas e obradoiros para as nenas e nenos, e pola tarde cunha charla para profes e familias.

Despois da mesma fixemos un recorrido pola exposión "A muller galega en código QR" onde todos os cursos, así como algunhas especialiadades presentaron as súas investigacións en formato dixital.


Aquí vos deixamos os enlaces dos vídeos que podedes ver co código QR que temos no cole.

INFANTIL: Concepción Arenal


1ºA: Ánxeles Alvariño


1ºB: Chus Lago


2º: Maruja Mallo

3º: María Pita


4º: Isabel Zendal


luns, 14 de maio de 2018

MARTES CON ARTE:
GUITARRA E PARKOUR

Seguimos con mais arte e deportes. Esta vez Clara de 5º deunos un concerto de guitarra que nos deixou boquiabertos. Toda unha artista!!!!



E por outra banda, Leandro, Teo e Benjamín de 5º e Pablo de 4º, presentáronnos un deporte chamado Parkour. 

Espectaculaaaaaaaar!!!!


FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: CONTACONTOS IN ENGLISH

Esta vez foi Cristina, a tía de Sara de 5 anos a que se ofreceu a contarnos un conto tradicional en inglés: The three little pigs. 

Con atrezzo e todo... mirade, mirade.

Grazasssss Cristina.


domingo, 13 de maio de 2018

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS CON JULIO FERRO

Unha vez mais tivemos a honra de contar, dentro do noso plan de formación, coa visita de Julio Ferro

Julio acompañounos unha vez mais para facer das matemáticas un xogo. Desde os pequenos aos maiores desfrutamos observando, manipulando e, sobre todo, aprendendo.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños.


MARTES CON ARTE:
VIOLÍN, BALLET, TAMBOR E BAILE DE 5º

Este martes foi un completo coas nenas de 5º. Noa D.G. tocou o violín, Lucía e Uxía bailaron e despois un baile as tres. A continuación, tocoulle a quenda a Alexandre co seu tambor. E por último, un baile en grupo.

Este ano... QUINTO MOLA.

Picade nas fotos para ver os vídeos



sábado, 12 de maio de 2018

FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: VISIÓN E APRENDIZAXE

Xa están aquí as fotos da charla de Patricia Lage, óptico optometrista e nai de Gabriel Areán de 3ºB e Iris Carolina de 3 anos sobre a importancia da visión na aprendizaxe.

Moitas grazas Patricia pola túa colaboración.



E cos pequenos, un obradoiro de habiliades visuais. Pasámolo xenial.

martes, 8 de maio de 2018

PROGRAMA RADIO: EU CONTO, TI CANTAS

Os nenos e nenas de 3º traballamos na área de música o libro en verso Eu conto, ti cantas, de Mª Victoria Moreno.
Despois de ler os tres contos deste libro, fixemos un guión para elaborar o programa de radio. A continuación, gravamos e buscamos músicas para amenizar o noso programa.
Finalmente editámolo... e agora a escoitar esta recomendación lectora dos nenos e nenas de 3º.

sábado, 5 de maio de 2018

SEMANA DA FROITA

Con esta entrada no noso blogue queremos agradecer á ANPA a súa colaboración no reparto de froita durante todos estes días, e como non, pola exquisita macedonia que nos prepararon o último día.

GRAZAS!!!!

mércores, 2 de maio de 2018

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2018

Este ano quixemos celebrar o Día do libro con pequenos detalles pero moi significativos.

Por un lado, decoramos como sempre a nosa entrada e escollemos as nosas músicas-timbre acorde co tema. E ademais cunha pequena actividade para investigar.




 

Ademais fixemos un mural con recomendacións de libros por parte de toda a comunidade educativa.


E por último, durante toda a semana do 23 ao 27 de abril adicamos un momento especial despois das músicas-timbre á lectura de pequenos fragmentos de libros escollidos polos nenos e nenas a través da megafonía do cole.

Picade na foto para ver mais

Por outra banda, a ANPA quixo homenaxear o Día do libro regalándonos unha rosa a nenos/as e profes. 

Moitas grazas por este detalle tan fermoso.

Picade na foto para ver mais