domingo, 29 de abril de 2018

VISITA DE ANDRÉS DACOSTA, DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO

Os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron a honra de recibir a visita de Andrés Dacosta, secretario da Asociación A Solaina, asociación para a defensa e promoción do patrimonio histórico-artístico de Combarro. 

Todo xurdiu polo noso PDI deste ano: O patrimonio de Combarro, en concreto, os nenos e nenas de 3º e 4º están traballando a parte da arquitectura do pan: hórreos, eirados, muíños, fornos...

Grazas Andrés pola túa colaboración.


Picade na foto para ver mais

FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: O PATIO ESCOLAR, UN ESPAZO EDUCATIVO MAIS

Seguimos co noso empeño en conseguir que o noso patio se convirta nun espazo educativo mais e por iso, dentro do noso Plan de Formación, recibimos a visita de Carmen Colls e Pitu Fernández, un matrimonio de mestres que levan moito recorrido nesto de crear patios educativos. E como isto e un ben para todos, estivo convidada toda a comunidade educativa: familias, profes, nenas e nenos... e tamén mestres de outros coles interesados no tema.


Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE: O VIOLÍN DE SABELA 3ºB

Unha vez mais quedamos abraiados do talento que temos en Chancelas. Sabela de 3ºB deixounos coa boca aberta tocándonos varias pezas ao violín.

Toda unha artista!!!!


Picade na foto para ver mais
CHARLA: OS PERIGOS DE INTERNET

A biblioteca ademais dun lugar para ler, investigar e relaxarse, tamén e un lugar de encontro e formación con expertos en diversos temas. Neste caso, recibimos a visita dun sarxento da Garda Civil que nos informou a nenos e maiores sobre os perigos de internet e as redes sociais.

Tanto os nenos e nenas como pais e profes estivemos moi atentos.


Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTEKAMISHIBAI

Neste martes con arte, foron as profes Marilyn, a nosa auxiliar de conversa, e Lorena, mestra de apoio á infantil, as que deron un toque xaponés á nosa biblioteca co teatriño Kamishibai.

Marilyn, en inglés, e Lorena, en galego, contáronnos a versión bilíngüe de The valiant little tailor ou O sastriño valente.


Picade na foto para ver mais

xoves, 26 de abril de 2018

MARTES CON ARTE: PANDERETEIRAS

Menuda festa armaron as nosas pandereteiras Rocío e Lucía de 4º, Ainhoa de 2º, Lola de 4 anos e Alicia, a profe de música. Entre claves, pandeiretas e bailes animouse todo o mundo. Ademais como facía calor e moitos saíron ao patio trasladamos a festa ao recreo por megafonía.

Festa rachada!!!

domingo, 8 de abril de 2018

MARTES CON ARTE
NORA 6º AO PIANO E BAILE DE ZAIRA 6º E ABIGAIL 5 ANOS

Outro martes mais, tivemos a sorte de presenciar un recital de piano da man de Nora de 6º. Espectacular!!



Picade nas fotos para ver mais

E para pechar a sesión, o baile das irmáns: Zaira 6º e Abigail de 5 anos. Animaron tanto ao público que dúas espontáneas uníronse ao baile: Janna de 3º e Olivia de 2º. Vaia marcha!!



Picade nas fotos para ver mais
DÍA DA POESÍA

No cole de Chancelas adicamos toda a hora de ler do 19 ao 23 de marzo á poesía.

Aquí vos deixamos algunhas recomendacións:


REUNIÓN DE DELEGADOS:
PROXECTO "O PATIO QUE QUEREMOS"

Aquí tedes algunhas fotos das reunións de Anahí, coordinadora de patio, cos delegados de todos os cursos. O motivo foi a posta en marcha da horta escolar e recompilación das propostas de cada aula para pintar o muro do patio. Saíron ideas moi orixinais.






AS NOSAS NOVIDADES DE MARZO


sábado, 7 de abril de 2018

DÍA DA MULLER

Seguindo coa temática do noso PDI, O noso patrimonio, o Día Internacional da Muller  foi adicado ás nosas mulleres galegas. Aquí vos deixamos algunhas investigación que fixemos.

Picade no icono para ver as investigacións