martes, 28 de xuño de 2022

CAMPIONATO DE PING-PONG

 Este curso tivemos un novo atractivo para os momentos de lecer do cole, a esperada

 MESA DE PING - PONG!


Esta foi acollida con moito entusiasmo polo alumnado, o cal adestraba sempre que podía e víase a mellora das súas técnicas e o aumento do nivel de xogo semana tras semana, mesmo retaban ó profesorado a xogar contra eles, que nivel!


No terceiro trimestre chegou o esperado CAMPIONATO no que cada un mostrou as súas mellores habilidades e un respecto polos rivais admirable, tanto como xogadores como como público.




Despois de varias xornadas chegou a final, na que participaron:  Miguel e Anxo de 4º A; Martín, Enzo e Joel de 5º e Jairo de 6º.







Os campións desta xornada foron:

    Anxo de 4º A (1º posto)

    Enzo de 5º (2º posto)

    Martín de 5º (3º posto)


O último día do curso todos os participantes recibiron un diploma pola súa participación e xogo limpo no campionato e os gañadores un premio especial para que continúen practicando no verán.


Noraboa a todos e todas as participantes polo ven que o fixestes e o entursiasmo mostrado ó longo de todo o campionato!

                                            VISITA O ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS

sábado, 25 de xuño de 2022

PEQUENO CABARET

Para rematar con risas despois de tanto traballo, invitamos a Nelson Quinteiro e a o seu Pequeno Cabaret para animar a despedida deste curso.

FESTA HAWAIANA EN INFANTIL

 

VISITAMOS O DIARIO DE AROUSA

O alumnado de 4º decidiu poñer broche de ouro ao seu PDI coa visita ao Diario de Arousa. Velaquí algunhas fotos.

venres, 24 de xuño de 2022

A NOSA HORTA

Os nenos e nenas de 2º recibindo as leitugas da nosa horta e qué ricas van estar.

domingo, 19 de xuño de 2022

A BOTICA DE 2º

Para poñer broche final ao traballo realizado ao longo do curso, o alumnado de 2º tivo a visita de Hugo Morales botánico de ÍNDIGO: ARTES DECORATIVAS que nos fixo un obradoiro no que fabricamos unha crema de árnica e nos contou unha morea de cousiñas mais.

ÍNDIGO. ARTES DECORATIVAS

HERBARIO ELABORADO POR 2º DE PRIMARIA

INFANTIL RUMBO A TAMBO

 Nesta ocasión o alumnado de infantil ponse rumbo á Illa de Tambo e para rematar un ratiño de praia para descansar da longa viaxe.


EXCURSIÓN DE 5º

Os nenos e nenas de 5º fixeronse expertos golfistas. Velaquí unha mostra.

AS FAMILIAS CONTAN: BALONMANO COA FAMILIA DE ZELTIA

Aquí tedes a visita de David e Jose Manuel, irmán o pai de Zeltia, que nos deron unhas clases de balonmano. Os nenos e nenas de 5 anos convertíronse por un día en auténticos deportistas.

Gracias pola colaboración

XOGOS DE AUGA

Dado a calor prevista, os nenos e nenas de infantil decidiron poñerse o bañador e refrescarse un pouquiño.

OS MAIORES DE 6º DE CAMIÑO A ASTURIAS

Por fin chegou o momento, os 25 nenas e nenos de 6º emprenden camiño á súa viaxe de Fin de etapa de Primaria. Boa viaxe!!!!

AS FAMILIAS CONTAN: MÚSICA COS PAIS DE SELENE

Aquí tedes algunhas fotos da visita de Lorena e Rosolino, pais de Selene que nos ofreceron uns momentos inolvidables coa súa música.

Moitísimas grazas pola colaboración

EXCURSIÓN VOLUNTARIOS

A nosa Biblioteca está de Noraboa, concedéronnos novamente o Selo de Bibliotecas Solidarias e todo grazas ao traballo de todo o voluntariado: alumnado e familias que colaboraron durante todo o curso.


Grazas a todo pola colaboración. Sen vos sería moito mais difícil.

E despois de todo o curso traballando arreo, aquí vos deixamos a merecida recompensa dos voluntarios de Biblio e Patio.

INFANTIL EN PADRÓN

Os chanceliñas decidiron levar a nosa particular "Rosalía" de volta á súa casa. Aproveitamos a viaxe a Padrón para visitar, ademais da casa de Rosalía, a paxarería Teodoro e o Xardín Botánico-Artístico da zona. Pasámolo fenomenal!!!

MARTES CON ARTE: XIMNASIA ACROBÁTICA CON EMMA E VALERIA 2º

 

MARTES CON ARTE: UKELE CON JUANSE 4ºA

 

MARTES CON ARTE: COMO FUNCIONA UN MOTOR CON GAEL 4ºA