venres, 29 de decembro de 2017

CONTOS POR NADAL

Como anos anteriores, este Nadal tamén realizamos a actividade de Contos por Nadal na que todas as clases contan en reciben un conto. Unha das actividades que mais lle gustas aos nenos e nenas. Deixamos unha mostra dalgúns deles.





CONTOS POR NADAL 2º EP





RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aquí vos deixan os voluntarios da Biblioteca de Rabi as súas particulares recomendacións de contos navideños.


FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: OBRADOIRO DE NADAL

Inauguramos a nosa actividade FAMILIArízate COA BIBLIOTECA cun obradoiro de Nadal coa axuda de tres persoas esenciais para a súa realización:
  • Sonia García García, nai de Hugo Blanco (3º de EP) e membro da Comisión de Biblioteca creada no Consello Escolar do cole, que nos axudou na organización e realización do obradoiro.
  • Hugo Blanco García (3º de EP), que nos fixo unha exposición de cortos de Nadal.
  • Sofía Abal Posse (1º de EP), que axudou a contar o seu conto navideño preferido.
E para rematar, fixemos un obradoiro de postais de Nadal cunha chea de materiais. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Grazas a todas e todos os que participastes.


mércores, 27 de decembro de 2017

OBRADOIRO MATEMÁTICAS OAOA CON JULIO FERRO

Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro que nos fixo Julio Ferro, membro da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemética (AGAPEMA) sobre as Matemáticas OAOA. 

Picade na foto para ver mais

JULIO FERRO MARRA
Experto universitario (UNED 2002-2003) en Recursos e Materiais para a Ensinanza da Matemética en Educación Infantil, Primaria e ESO.
Ponente de cursos de formación do profesorado nos CEFORES de Vigo, Pontevedra, Tui, A Coruña, Ourense, Lugo e Ponferrada.
Creador e coordinador pedagóxicoda Semana Matemética en Vigo (a partires da 9ª edición IMATXINA), que vai xa pola 13ª edición.
Responsable en Vigo, desde fai anos, da realización do Rebumbio (Concurso de mateméticas para 6º de Primaria), da Olimpiada Matemática para 2º da ESO e de Matemáticas na Raia para 3º da ESO en colaboración coa APM (Asociación de Profesores de Matemáticas en Portugal). Todas elas organizadas pola AGAPEMA, sociedade da cal é Secretario Xeral desde 2011.
Profesor de matemáticas, debuxo técnico e tecnoloxía no CPR Rosalía de Vigo e recén xubilado.

venres, 24 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER

Hoxe conmemoramos este día con mensaxes feitos polos nosos nenos e nenas e que despois plasmamos en carteis  cos que empapelamos a entrada do cole. 

Tamén tivemos un ratiño durante a xornada de hoxe onde reflexionamos sobre o tema e gardamos un minuto de silencio en recordo das víctimas.



DE EXCURSIÓN POLA BIBLIOTECA DE PONTEVEDRA

Un ano mais fomos de exursión á biblioteca de Pontevedra. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mais pequenos.


mércores, 22 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí vos deixamos no expositor da entrada á biblioteca unha selección de libros para traballar neste día tan importante.



RECANTO PARA AS FAMILIAS

Por fin temos o tan ansiado recanto para as familias. Está situado na entrada da biblioteca. Xa temos algúns materiais pero pouquiño a pouco  o completaremos con mais cousiñas.

Esperamos que vos guste e o disfrutedes. 


xoves, 26 de outubro de 2017

UN RECREO NA BIBLIOTECA

Aquí tedes algunhas fotos dun recreo normal na biblioteca. Desde que ampliamos a biblioteca e abrimos en horario de recreo, estamos a tope: uns lendo, outros construíndo, algúns pintando... e outros, como os voluntarios, traballando. 

Viva a diversidade!!!

Picade na foto para ver mais

martes, 24 de outubro de 2017

II XORNADA DE PORTAS ABERTAS ÁS FAMILIAS NA BIBLIOTECA

Aquí tedes as fotos das familias que nos acompañaron nesta xornada para ver o vídeo das Bibliotecas de aula. Agradecemos enormente a visita de todas as familias á nosa biblioteca.


E POR FIN... 
OS APADRIÑAMENTOS LECTORES

Aquí vos deixamos algunhas fotiños da xornada de hoxe na que quixemos celebrar o Día Internacional das Bibliotecas cunha das actividades que mais lles gustan aos nenos e nenas.


AS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA

Para os que non puidechedes visitar a nosa Biblioteca, aquí vos deixamos o vídeo:

E... VELAQUÍ O RESULTADO...

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS






PREPARANDO O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Aquí tedes a unha chea de voluntarios da biblioteca, e algúns colaboradores mais, decorando o noso cartel para o Día Internacional das Bibliotecas. Quedau precioso.



luns, 9 de outubro de 2017

PDI 2017 - 2018: 
PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO

Este ano o PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) do noso centro xirará arredor da Protección do Patrimonio Etnográfico. Así que xa se están preparando os nosos nenos e nenas para investigar moi afondo sobre o tema. 



 


MÚSICAS - TIMBRE


CEIP PLURILÍNGÜE DE CHANCELAS
CURSO 2017-18

SEMANA DO 2 DE OUTUBRO
ADICADA A NOA GOLD
  • ENTRADA: NOA GOLD E MIGUEL BOSÉ - “La vida es bella"
  • SAIDA RECREO: NOA GOLD E CARLOS NUÑEZ - "A lavandeira da noite"
  • ENTRADA RECREO: NOA GOLD - "Balbel"
  • SAIDA: NOA GOLD - “Shaloom” *


* Shalom: palabra hebrea que significa PAZ ou BENESTAR. Utilízase tamén como forma de saúdo equivalente a “ola” ou “adeus”


Achinoam Nini coñecida en Europa polo seu nome artístico Noa é unha cantante israelí, nacida no 1969.
Con 8 anos xa empezaba a compoñer as súas primeiras melodías e cando tiña 17 decidiu trasladarse a Israel. Alí seguiu cos seus estudos, lugar onde coñeceu, en 1990, ao guitarrista e compositor Gil Dar, que sería o seu compañeiro de grupo dende entón ata o día de hoxe.



Miguel Bosé naceu en Panamá no ano 1956
É un cantante e actor español colombiano, fillo do torero Luis Miguel Dominguín e da actriz italiana Lucía Bosé. Durante a súa carreira, vendeu máis de vinte millóns de copias en todo o mundo sendo moi popular tanto en España como en Italia e América Latina.


Carlos Núñez Muñoz  Naceu en Vigo no 1971. É un músico español, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo. Comenzou coas frautas, e máis adiante, aos oito anos, coa gaita galega. Aos trece anos foi descuberto por The Chieftains, no Auditorio de castrelos, en Vigo, e comenzou a súa carreira na música.
É considerado un dos máis coñecedores da música celta. As súas investigacións están relacionadas coa orixe da música celta e a súa fusión coas músicas actuais do mundo.



AS MOCHILAS COMEZAN A VIAXAAAAR

Por fin están listas para viaxar polas casas de todas as familias do cole. E, como non, temos aos voluntarios sacándoas do forno ven quentiñas. Esperamos que as disfrutedes.




mércores, 4 de outubro de 2017



MÚSICAS TIMBRE 

CEIP PLURILÍNGÜE DE CHANCELAS 
CURSO 2017-18

SEMANA DO 25 DE SETEMBRO
A MÚSICA NO CINE - OS MUSICAIS


  • ENTRADA: ” Mamma Mia" – MUSICAL MAMMA MÍA
  • SAIDA RECREO: "América" - MUSICAL WEST SIDE STORY
  • ENTRADA RECREO: "Singing in the rain" - CANTANDO BAJO LA LLUVIA
  • SAIDA: “You are the one that I want” - MUSICAL GREASE

O musical é un xénero teatral ou cinematográfico no que a acción se desenvolve con seccións cantadas e bailadas, é dicir, combina músicacancióndiálogo e baile, e se representa en grandes escenarios, como os teatros de West End (Londres) ou en Broadway (Nueva York) principais sedes do teatro musical, seguido de Arxentina, Australia, Canadá, España e México.

* Mamma Mia é un musical (2008) baseado nas cancións do grupo sueco ABBA cun argumento similar ao da película de 1968 “Buona Sera, Mrs. Campbell”.

* West Side Story é un musical estadounidense baseado na adaptación da obra de William Shakespeare “Romeo e Julieta”. Ambientada na cidade de Nueva York a mediados dos anos cincuenta.

* Singing in the Rain, (Cantando bajo la lluvia) é unha película musical de Hollywood, estreada en 1952. Foi un gran éxito gracias as suas escenas de baile, en especial á de Gene Kelly baixo a chuvia, cando canta a canción que da título ao filme. 


Esta película está inspirada en toda a serie de Melodías de Broadway que se realizaron en Hollywood nos anos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.

Sabías que nun primeiro momento o cine non tiña son, era o chamado CINE MUDO? Moitos dos grandes pianistas se iniciaron improvisando, en directo, sobre as imaxes do cine mudo.


E a que tampouco sabes por que a música dunha banda sonora se chama banda sonora? Pois sinxelamente porque iso é o que era. Unha banda magnética como as que usaban as antigas cintas de magnetófono, estendida a un lado dos fotogramas e que soa á vez que se proxecta o filme. As películas que tiñan formato de cinta, incorporaban tres bandas sonoras en estéreo: unha coa música, outra cos efectos especiais e outra cos diálogos, esta era a que se substituía para cambiar o idioma orixinal.

* Grease é un musical que se estrenou por primeira vez en 1971, no Kingston Mines Theatre de Chicago situado nun antigo garaxe de tranvías. En 1978 foi levado á gran pantalla, con John Travolta e Olivia Newton-John nos papeis protagonistas.
INFANTIL INVADE A BIBLIOTECA

Os pequenos de 4 e 5 anos non puideron esperar mais para acudir á nosa biblioteca. Aquí vos deixamos as probas. Picade na foto para ver mais.


VISÍTANOS UN PINTOR:
JOSE ANTONIO PORRO

Aquí tedes aos nosos nenos e nenas vivindo o arte desde o punto de vista dun pintor. 



 

MÚSICAS TIMBRE


CEIP PLURILÍNGÜE DE CHANCELAS 
CURSO 2017-18

SEMANA DO 11 DE SETEMBRO DE 2017


  • ENTRADA: “Mukina, la familia pinturera” - J. ANTONIO PORRO
  • SAÍDA RECREO: "Los pintores" - LA PANDILLA DE DRILO
  • ENTRADA RECREO: "Pintar sin parar" - BARRIO SÉSAMO
  • SAÍDA: "Todas las cosas tienen su color" - 
        SIEMPRE ASÍ Y LOS CAÑOS


Aproveitando a visita do pintor Jose Antonio Porro
esta semana adicamos a música do timbre
á pintura...


xa que é unha actividade que conleva innumerables
beneficios para os nenos:
É unha linguaxe que serve de expresión de sentimientos, canaliza emocións negativas, aumenta a autoestima, desenvolve o intelecto, mellora a comunicación, relaxa, fortalece a fisioloxía infantil...

Pero o máis importante de todo, é que fai felices aos nenos.
 MÚSICAS TIMBRE

CEIP PLURILÍNGÜE DE CHANCELAS 
CURSO 2017-18

SEMANA DO 11 DE SETEMBRO DE 2017


  • ENTRADA: “Madre Tierra” - CHAYANNE
  • SAÍDA RECREO: "llegó la vuelta al cole" (CANCIÓN INFANTIL)
  • ENTRADA RECREO: "Hola amigos" - PARCHÍS
  • ENTRADA: Bienvenidos” – MIGUEL RÍOS (VERSIÓN INSTRUMENTAL)


BENVIDOS AO CURSO 2017 - 2018

onde nos espera unha gran aventura chea de amizade,
ledicia e aprendizaxe.

Un equipo diverso con ganas de traballar,
equipo directivo, mestres, alumnos, Consello Escolar,
Persoal non Docente
con multitude de propostas, actividades e
experiencias para...

desfrutar aprendendo!
"O TIMBRE DO NOSO COLE"
MÚSICA PARA ENTRAR E SAÍR
CEIP PLURILINGüE DE CHANCELAS

Coa intención de reducir a contaminación acústica do colexio e entrar cunha actitude máis positiva ás aulas, cambiamos o son do timbre, as veces un tanto estridente, que anunciaba as entradas, saídas e principio e fin do recreo, por unhas melodías que varían cada semana. Para que non se convirtan nun ruido máis, sempre que podemos, traballámolas tamén dende a clase de música, intentando conseguir unha audición máis activa e consciente dos temas seleccionados.

Cada luns, na porta da entrada, cambiamos o panel informativo onde aparecen os catro temas e autores que sonarán durante esa semana cunha breve reseña. As veces, son os propios alumnos os que teñen que investigar ou completar dita información.

Os estilos de música son variados, música de bandas sonoras de películas, clásica, pop, música relacionada co cine, a literatura, musicais... entre outras moitas opcións. Do mesmo xeito intentamos relacionar esas músicas coa época do ano, estación, anécdotas ou noticias de actualidade.

Todos os membros da comunidade educativa estades invitados a propoñer e recomedar melodías.
Ademáis de entrar con alegría ás aulas, o que se pretende é
achegar ao alumnado audicións e tipos de música que non teñen tanto ao seu alcance como a música actual ou máis comercial á que están acostumados.

domingo, 1 de outubro de 2017

XORNADA CURTURAL PARA AS FAMILIAS:
EXPOSICIÓN DOS PDIs

E por fin... chegou o día. Despois de moito buscar, investigar e seleccionar información, organizar contidos e analizalos; xa temos todo preparado para comunicar o noso traballo ás familias. 

Esperamos que disfrutedes coma nos.


ENSAIANDO A EXPOSICIÓN DO PDI

Aquí vos deixamos as fotos dos nenos e nenas preparando a exposición dos respectivos Proxectos documentais integrados realizados ao longo do curso 2016/2017 sobre o COIDADO DO PLANETA.

Infantil: O mar.
1º, 2º e 3º de primaria: As fragas.
4º e 5º: A ría de Pontevedra.
6º: Enerxías renovables. Enerxía eólica.

Abarcando así terra, mar e aire.


xoves, 21 de setembro de 2017

VISITA DE GONZALO MOURE

Por fin, o resultado final. Despois destes meses adicados ao noso proxecto "ESCRIBIR COMO LECTORES" coa obra de GONZALO MOURE, El oso que leía niños, aquí vos deixamos o broche de ouro coa visita do autor. E tamén apuntamos un enlace deste programa iberoamericano, organizado pola ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LECTURA E ESCRITURA (AELE) e a FUNDACIÓN SM, que pretende poñer a literatura ao alcance dos nenos e nenas a través da organización de distintas prácticas de escritura a través da lectura dunha obra de autor.




luns, 5 de xuño de 2017

APADRIÑAMENTOS LECTORES EN CHANCELAS

Hoxe, 5 de xuño, Día mundial do Medio Ambiente, conmemoramos tamén o Aniversario de Rabi. E que mellor forma de celebralo que coa lectura dun conto ao aire libre.

Fixemos apadriñamentos lectores. Os nenos/as de 3º,4º,5º e 6º leronlle un conto na hora de ler a un ou dous nenos/as de infantil, 1º ou 2º. 

Un momento máxico.


MÚSICAS ADICADAS AO MEDIO AMBIENTE

Co gallo do Día Mundial do MEDIO AMBIENTE eleximos a seguinte música para o timbre do noso cole.