mércores, 27 de marzo de 2019

POÑENDO A FUNCIONAR O NOSO MAKERSPACE (ESPAZO CREATIVO)

As bibliotecas escolares están a experimentar grandes transformacións e unha das mais importantes é a de acoller todo tipo de actividades nas que as nenas e os nenos, os profes e as familias poden atoparse para pensar, deseñar, facer, construir e aprender xuntos.

Con esta idea están a crearse en moitas bibliotecas de toda Galicia os chamados MAKERSPACE ou ESPAZOS CREATIVOS. Os espazos creativos ofrecen múltiples oportunidades de aprendizaxe manipulativa, ocasións para a exploración, a investigación, o traballo colaborativo e a creación.

E como en Chancelas non queremos ser menos, aquí tedes algunhas fotiños dos nosos inicios.


Picade na foto para ver mais

E velaquí outras dos nenos de 6º montando o noso telar, que cremos que dará moito xogo.



Picade na foto para ver mais

sábado, 23 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: HOMENAXE Á VIDA DE 4 MULLERES DE POIO

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Poio presentou o pasado 9 de marzo  o documental "Vivencias de Muller", que recolle as vidas a través de diferentes testemuñas de catro veciñas que teñen en común o seu carácter loitador por sacar adiante á súa familia.


Araceli Fernández de Salvador, Rosalía Fernández de Samieira, Áurea Aguín de Raxó e Jesusa Casás de San Xoán son as mulleres elexidas polo Consello da Muller este ano para ser homenaxeadas como exemplo de capacidade de traballo e esforzo en situacións difíciles.

As vidas destas 4 mulleres serán contadas nun libro que será narrado oralmente en todos os colexios de Poio. De este xeito, o noso concello ofreceunos a actuación de Polo correo do vento para acercarnos un pouquiño ás vidas destas mulleres. Aquí vos deixamos algunhas fotiños.


Picade na foto para ver mais
CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



sábado, 16 de marzo de 2019

MARTES CON ARTE:
AS NENAS DE 6º PRESENTAN:
PERCUSIÓN COAS MANS

Este ano as nenas de 6º non paran: teatro, violín, tenis, baile..., están a todo. Rabi está moi agradecido pola súa participación  e colaboración nos martes con arte. 

Esta vez atrevéronse cun número moi orixinal: percusión coas mans.



E despois, como non, os mais pequenos en infantil tamén quixeron disfrutar deste espectáculo.


martes, 12 de marzo de 2019

MARTES CON ARTE:
JIMENA Ó PIANO

Vaia artistas temos en Chancelas, sen eles nada sería tan emocionante. Esta vez Jimena co seu piano, que trouxo da súa casa, xa que o do cole está averiado. Deixou a pequenos e maiores coa boca aberta.

Todo un luxo desfrutar destes nenos e nenas cada martes perden tempo do seu recreo e que voluntariamente ofrecen aos seu compañeiros o seu arte. Todo un exemplo de xenerosidade.



E despois outra sesión extra para os chanceliñas de infantil. Moitas grazas Jimena.

domingo, 10 de marzo de 2019

MÚSICA TIMBRE
JUAN LUIS GUERRA
ENTROIDO 2019

Este anos como moitos outros relacionamos a celebración de do Entroido co noso PDI. Cada ciclo está investigando sobre algún tema específico do noso monte. Polo tanto, este ano decidimos disfrazarnos de animais do monte, bueno case todos porque os nenos e nenas de 6º quixeron lembrarnos do perigo que supón o lume para o coidado do noso entorno natural.
  • Infantil: Mamíferos (coello, xabarín, lobo, raposo e esquío).
  • 1º, 2º e 3º: Aves.
  • 4ºA, 4ºB e 5º: Bichería.
  • 6º: Lume.

PROXECTO "O PATIO QUE QUEREMOS"

E aquí seguimos, empeñados en mellorar o noso patio. Despois de reunirnos cos nosos nenos e nenas, escoitar as súas propostas, recibir formación para toda a comunidade escolar sobre este tema, crear unha comisión de familias e profes e pedirlle axuda ás institucións (concello, xunta, asociacións da zona...) xa podemos poñernos a traballar. Esta vez as familias voluntarias trouxeron materiais para poñer a andar o noso proxecto. 

Animádevos a colaborar, cantos mais mellor.

domingo, 3 de marzo de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Este ano celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun poema a través da megafonía do cole.



Ademais o noso concello ofreceu aos mais maiores unha representación sobre Rosalía de Castro e a súa biografía e obra.

sábado, 2 de marzo de 2019

FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O martes 19 de febreiro tivemos a sorte de contar con Lidia Folgar, dietista-nutricionista que nos deu un montón de consello para ter un alimentación o mais saudable posible para nós e para os nosos nenos e nenas.

Neste enlace poderedes un powerpoint resumo coas cousiñas mais interesantes da charla.


Esperamos que vos sexa de utilidade.