sábado, 21 de marzo de 2020

FELIZ DÍA DE LA POESÍA

Desde o noso obrigado encerro, Rabi vos quere animar a todos neste día tan especial, o 21 de marzo  DÍA internacional da POESÍA. E aproveitamos a ocasión para facer unha recomendación lectora tan especial como esta:


A editorial Galaxia vén de publicar Porque te quero de Baldo Ramos, con ilustracións de Anxo Rodríguez Fariña. O poeta afirma que se inspirou nas ocorrencias e preguntas que lle facían os seus fillos a medida que ían descubrindo o mundo. Concíbeos como poemas reversibles que se len practicamente igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda, promovendo tamén a lectura como xogo.

Neste mes que celebramos o Día da poesía, temos que apostar pola lectura de poemas nas nosas bibliotecas, nas seleccións de lectura, nas mochilas viaxeiras, nos clubs de lectura... para facermos lectores e lectoras  porque as crianzas non teñen prexuízos e de seguro que quererán seguir lendo poesía.

Velaquí o poema final que nos convida a ler e escribir:

RECEITA PARA ESCRIBIR POEMAS IRRACIONAIS

Le este libro durante
6 días, 6 horas e 66 minutos

Escolle de cada poema unha palabra.

Reméxeas con maña e forza:
a poesía éche o que ten.
Méteas no peto
da túa chaqueta reversible
outros 6 días, 6 horas e 66 minutos.
Nese momento exacto
sentirás que se entenden.
Que teñen vida propia
e que saben convivir.
Entón é o momento
de sacar o poema a pacer.
Compartilo cos que te queren.
escribir é sempre un xeito
de agradecer que nos queiran.
INVESTIGANDO CON RABI:
DÍA DA MULLER


PICADE NA FOTO PARA ACCEDER AOS TRABALLOS


XOGO: INVESTIGANDO CON RABI

PICADE PARA VER MAIS FOTOS DO XOGO
MARTES CON ARTE:
CICLISMO CON XOEL DE 3º E PIANO CON LEO DE 5ºB

Neste martes con arte tivemos dúas actuacións: unha deportiva e outra musical. Está claro que non se pode pedir mais, temos un cole cheo de artistas e deportistas.

CICLISMO CON XOEL DE 3º





PIANO CON LEO DE 5ºB

5ª ASEMBLEA DE CONVIVENCIA

Aquí vos deixamos fotos da 5º asemblea que fixemos todo o cole para presentar a seguinte norma de convivencia: RESPECTAMOS E COIDAMOS AOS QUE NOS RODEAN

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DA MULLER

A MULLER NO CINE

INFANTIL: BRENDA CHAPMAN

Esta semana Infantil repasou a vida e obra de Brenda Chapman, directora e productora de animación cinematográfica.

ACCEDE Á PREPARACIÓN DA REPRESENTACIÓN NO ALBUM DOS OBRADOIROA PARA VER OS PREPARATIVOS DO TRABALLO.


https://photos.app.goo.gl/YAuWoHJ6nGF8qNx56

ACCEDE AO TRABALLO DA VIDA E OBRA DA DIRECTORA CINEMATOGRÁFICA REPRESENTADA POLO ALUMNADO DE 3 4 E 5 ANOS

https://issuu.com/ceipchancelas/docs/brenda_chapman
QR Code - Qr_Brenda_Chapman
Escanea para ver a información que se esconde detrás do código Qr



1º e 2º DE PRIMARIA: LOTTE REINIGER
QR Code - lotte reiniger 1º
(escanea este código Qr para ver o que esconde)



3º DE PRIMARIA: KATHLEEN KENNEDY



4º DE PRIMARIA: KATHRYN BIGELOW



5º E 6º DE PRIMARIA: DIANN FOSSEY



MÚSICA: AUREA RODRÍGUEZ

PICA NA FOTO PARA ACCEDER AO ARQUIVO

venres, 20 de marzo de 2020

MARTES CON ARTE: "ARTISTAS ESPONTÁNEOS"

Debido a un imprevisto na actuación que tiñamos preparada este martes, varias nenas e nenos do cole animáronse e actuaron sen complexos e con moito entusiasmo. Grazas nenas e nenos polas vosas actuacións improvisadas!!!!

FLAUTA-GAITA CON DANIELA DE 3º


FLAUTA CON AINOA DE 3º


CANCIÓN GALEGA E PANDEIRETA CON DANIELA E IRIA DE 3º


CANCIÓN GALEGA E PANDEIRETA CON PAULA, BRAIS, SARA, MARTA, ANA, SABELA E SARAVI DE 5ºB



DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Como sabedes o 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, conmemorando así o nacemento da nosa escritora galega. Aquí vos deixamos un fermoso enlace: "Rosalía pequeniña", título do libro-disco de Uxía da Editorial Galaxia (Colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane que poderedes atopar na nosa biblioteca.

mércores, 18 de marzo de 2020

RECANTO DO CINE

Desde as casas proporcionouse moito material que puidemos utilizar para crear un recanto con moito encanto que nos trasladou ao cine de época dos anos 20, 30, 50 e 80. Así ata os "ÓSCAR" e os "GOYA" deste ano 2020!! 


COÑECEMOS A ARTIE

Vaia sorpresa que levamos cando tivemos a visita de Amanda de Eurekakids que nos presentou a un novo amigo de RABI, o Robot ARTIE 3000. A verdade é que este amiguiño enganchounos bastante e puidemos comprobar con el unha chea de posibilidades.

Artie 3000 é un novo robot que nos vai ensinar a programar aos minicuriosos e amantes da tecnoloxía. Como? Os peques teñen a idea e Artie 3000, coas súas aplicacións integradas, a reproduce. Con Artie 3000 vai ser moi divertido e entretido debuxar diferentes deseños, formas e xogos preprogramados. Deste xeito, os pequenos poderán aprender programación básica, xeometría e mateméticas ao mesmo tempo.

Por suposto, queremos dar moitas grazas a Amanda, que nos brindou o seu tempo para formar aos nosos pequenos. Volve cando queiras!!

Picade na foto para ver mais
VENRES DE CINE: ONE WEEK, DE BUSTER KEATON

Picade na foto para ver mais

FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: CHARLA DE BATA EN CHANCELAS

Unha vez mais, a nosa biblioteca abre as súas portas para recibir mais formación, nesta ocasión para familias e mestres: A diversidade nos centros educativos, da man de Yolanda de BATA, especialistas en mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista.

Foi unha charla moi interesante e de gran importancia para mellorar a convivencia no centro.

Picade na foto para ver mais

venres, 13 de marzo de 2020

ENTERRO DO MEXILÓN PREGUICEIRO

E todo entroido remata cun enterro. En Chancelas, o enterro do MEXILÓN PREGUICEIRO. Os maiores do cole foron os encargados de dar lectura ao testamento.

Picade na foto para ver mais
UN ENTROIDO DE CINE

Seguindo co noso Proxecto Documental Integrado deste ano, o CINE, este entroido estivo moi relacionado con diferentes xéneros cinematográficos:

Infantil decantouse polo CINE CÓMICO, así que os chanceliñas disfrazáronse de Charlot, Cantinflas e os Irmáns Marx

Os chancelotes de 1º e 2º elexiron o CINE de ANIMACIÓN, 3º e 4º polo CINE FANTÁSTICO e de AVENTURAS, e os maiores de 5º e 6º, polo CINE DOCUMENTAL.

E velaquí o resultado.


Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE:
NATACIÓN SINCRONIZADA, SOFÍA DE  XIMNASIA ARTÍSTICA, ALMA DE

Temos o cole cheo de artistas e unha mostra deste talento foron Sofía e Alma de 3º que nos fixeron unha demostración do deporte que practican. E ademais tivemos un público moi especial. Picade na foto e veredes.


HOXE VISÍTANOS... OS AVÓS DE SARAIBA

Nesta ocasión tivemos unha visita moi especial, os avós e avoas do Centro de Día de Saraiba acompañáronnos nesta xornada na que fixemos un obradoiro de Mascaras de Entroido con nenos e nenas de 1º e 2º. 

E ademais, prestáronse a ser entrevistados na nosa RadioChancelas. Velaquí algunhas fotos

Picade na foto para ver mais

Picade na foto para ver mais
SAÍDA AO CINE

VENRES DE CINE: Mr BEAN NA BIBLIOTECA

Picade na foto para ver mais

FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: "OBRADOIRO DE ENTROIDO"

Volvemos a repetir este curso o Obradoiro de Entroido que tan ben funcionou en ocasións anteriores. Espallamos pola biblio libros de maquillaxe, disfraces e máscaras de Entroido, e por suposto tamén todo o material necesario para crear a nosa obra de Entroido.

Temos que agradecer a colaboración, un ano mais, de Ana Isabel Portela, nai de Marco, 4 anos, e Inés, 2º EP, que aportou a súa experiencia no tema das maquillaxes. Moitas grazas!!!!

SAN VALENTÍN EN CHANCELAS

En Chancelas, sempre temos en conta o Día de San Valentín e aproveitamos esta data para dar a coñecer os fondos da nosa biblioteca.

Ademais Rabi sempre nos propón un xogo de investigación no que podemos participar voluntariamente.

E por último, tamén vos deixamos as fotos do photocall do amor e a amizade.

 

 

Picade na foto para ver mais
DÍA MUNDIAL DA RADIO: 13 DE FEBREIRO

FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: PATIO DINÁMICOS E INCLUSIVOS

Nesta sesión de formación tivemos a sorte de contar coa presenza da arquitecta e educadora do equipo do Sistema Lupo, Patricia Gonzalez Pérez, que nos vai a axudar coa reforma do noso patio escolar.

Queremos agradecer a asistencia da concelleira de educación, o xefe de obra do concello, o profesor Eliseo do IES de Montecelo que quere colaborar con nós e ás familias que puideron asistir a esta primeira sesión de formación está orientada a toda a comunidade educativa.
Deixamos algún enlace por si queredes coñecer algunha cousiña mais do SISTEMA LUPO:

MARTES CON ARTE: PIANO CON JIMENA


Un ano mais, Jimena deleitounos cun pouquiño da súa música, e ata se atreveu a cantar. Toda unha artista!!!!



xoves, 12 de marzo de 2020

AS FAMILIAS CONTAN SEGUNDO TRIMESTRE

Aquí vos deixamos "As familias contan" do segundo trimestre. Houbo de todo!!!!!
Grazas familias pola vosa colaboración.

mércores, 4 de marzo de 2020

RECREOS NA BIBLIO

MARTES CON ARTE DOBRE:
BAILE CON SARA, MARTINA, JIMENA E VEGA E 
FÚTBOL CON ENZO E MARTÍN DE 3º

Esta semana tivemos dobrete. Primeiro as Sara, Martina, Jimena e Vega de 3º cantaron e fixeron un baile con coreografía incluída que nos deixou coa boca aberta. E despois, Enzo e Martín faláronos do seu deporte favorito, o fútbol, touxeron a equipación, proteccións, medallas, fotos... e contaxiaronnos a paixón coa que viven ese deporte.

BAILE NA BIBLIO


Picade na foto para ver mais


FÚTBOL NA BIBLIO


Picade na foto para ver mais