xoves, 25 de xaneiro de 2018

AS NOSAS NOVIDADES DESTES DÍAS



APADRIÑAMENTO ESPONTÁNEO

Aquí vos deixamos un apadriñamento espontáneo que xurdiu nunha hora de ler estes días entre a aula de 2º e a de 6º. Unhas fotos fermosas.

Picade na foto para acceder a mais fotos

sábado, 20 de xaneiro de 2018

PROPOSTAS PARA O CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

Aquí tedes as ilustracións presentadas no CONCURSO DE ILUSTRACIÓN proposto para decorar a nosa Biblioteca.

Picade na foto para acceder a mais fotos

NOVIDADES NO RECANTO DAS FAMILIAS

Acabamos de recibir mais libros para o recanto das familias dispostos a viaxar ás vosas casas. Animádevos e votade unha ollada. Están á vosa disposición durante o horario lectivo e polas tardes de luns a xoves de 16:15 a 17:30.

Se ademais tedes algunha suxestión ou preferencia non dubidedes en decírnolo directamente ou deixar comentarios nesta entrada.





A NOSA MÚSICA ESCÓITASE NA PRENSA