luns, 26 de decembro de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL

RAÚL VACAS EN CHANCELAS

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º tiveron a visita de Raúl Vacas, autor de Abecé Diario:

Abecé Diario propón xogar coas letras e coas palabras, pero tamén acender ou avivar o interese e o gusto pola poesía. Para isto é importante perderlle o medo e convertila nun instrumento de aprendizaxe e nun método de descubrimento das cousas.

DESMANTELANDO A BIBLIOTECA

Ufff!!! Os voluntarios da biblioteca, os profes e unha chea de colaboradores andamos a cen por hora.

Nas vacacións de Nadal van a facernos obras na Biblioteca e temos que deixar todo listiño. Estamos a recoller e gardar todos os materiais da biblioteca: libros, audios, videos, xogos... Non paramos!!!

ESTELA D´ANGELO A 1º DE PRIMARIA

Aquí tedes o obradoiro que fixeron os nenos e nenas de 1º con Estela D´Angelo, profesora da Universidade Complutense de Madrid e Presidenta da Asociación Española de Lectura e de Escritura (AELE). 

Primeiro leunos un fragmento do libro de Eduardo Galeano, Los sueños de Helena, e a partires de ahí... a escribir...

Toda unha profesional, é un luxo contar con ela.


CONTOS POR NADAL - 6º

E por último, os maiores do cole fixeronlle un videoconto cun poema de Raúl Vacas: N de Nieve aos  nenos e nenas de 3º. Todos uns profesionais.

venres, 23 de decembro de 2016

CONTOS POR NADAL - 5º

Os maiores de 5º quixeron contarlle un conto navideño aos pequeniños de 4 anos, así que escolleron Fermín e os Reis Magos. Os pequenos quedaron encantados.



CONTOS POR NADAL - 4º B

A cousa que mais doe no mundo é o conto que a clase de 4º B lle contou a 5 anos. Adiviñades cal pode ser esa cousa que tanto doe?




CONTOS POR NADAL - 4º A

Os nenos e nenas de 4º A escolleron Un agasallo perfecto para contarllo á clase de 5 anos. Un conto moi bonito e apropiado para estas datas.




CONTOS POR NADAL - 3º

A casa da mosca chosca foi o conto que lles pareceu mais apropiado aos nenos e nenas de 3º para contarllo a clase de 2º. Con atrezzo e todo.




CONTOS POR NADAL - 2º

O conto que escolleu a clase de 2º foi A vendedora de mistos. Os nenos e nenas de 3 anos quedaron abraiados do ben que lles saiu.



CONTOS POR NADAL - 1º

Os nenos e nenas de 1º quixeron empregar as novas tecnoloxías para contar o seu conto Guyi guyi aos de 6º. Un proxecto moi chulo.


CONTOS POR NADAL - 5 ANOS

Santa´s surprise foi o conto elexido pola clase de 5 anos para relatarlles aos nenos e nenas de 4º A, nada mais e nada menos que un conto en inglés. Que nivel hai en 5 anos!!!





CONTOS POR NADAL - 4 ANOS

Os nenos e nenas de 4 anos escolleron o conto de Paco papán para contarllo aos de 5º. Saiulles mooooi ben.




CONTOS POR NADAL - 3 ANOS

Aquí temos aos nenos e nenas de 3 anos contándolle o conto Paxariña de Papel a 4ºB. Unha monada.

mércores, 30 de novembro de 2016

PRÓXIMAMENTE... CONTOS POR NADAL

Está a piques de comezar a semana dos "Contos por Nadal", na que todas as clases contarán e recibirán un conto. Polo momento, aquí vos deixamos unhas fotiños de como algunhas das voluntarias traballan arreo no cartel que presidirá a nosa Biblioteca durante esa semana. Picade na foto para ver mais



UN RECREO NA BIBLIOTECA

Aquí tedes un dos recreos na biblioteca. Nenos e nenas lendo, observando, compartindo... e como non os nosos voluntarios facendo préstamos. Pica na foto para ver mais.


INFANTIL INVADE A BIBLIOTECA

Aquí tedes algunha das imaxes dos nenos e nenas de infantil realizando unha lectura libre na súa hora de Biblioteca mentres os seus compañeiros realizan o préstamo dos libros. Se picades na imaxe poderedes ver mais fotos.

  PICA AQUÍ


xoves, 24 de novembro de 2016

MALETAS VIAXEIRAS

Acabamos de recibir desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia a MALETA VIAXEIRA PARA AS FAMILIAS. 




Esta MALETA contén unha selección de materiais e recursos para axudar ás familias na educación dos vosos fillos/as. O contido desta maleta está nos expositores da entrada á dirección así que non perdades ocasión de reservar o material que vos interese. Só teremos a maleta durante UN MES e o único que tedes que facer para levar o material é notificalo na secretaría do cole.

Aquí vos deixamos o enlace onde poderedes consultar o contido da nosa maleta viaxeira:



A NOSA BIBLIOTECA ANTES DO PLAMBE

Aquí vos deixamos o estado actual da nosa biblioteca. Está xeitosiña, pero podémola mellorar. Pouco a pouco iremos amosando os novos cambios. Esperamos que vos gusten.




luns, 14 de novembro de 2016

RIMAS DO SAMAÍN

Cada clase foi quen de compoñer e deseñar unha rima de aspecto e contido terrorífico.

mércores, 26 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




Tuneamos as nosas bibliotecas de aula e trouxemos neste día un INVITADO MOI PARTICULAR que nos divirteu moito a tod@s...

"O CARBALLO CON BOTAS"



martes, 18 de outubro de 2016

A LABOR DOS VOLUNTARIOS/AS


  • Os voluntarios/as da Biblioteca están traballando moi duro nos preparativos do Dia das Bibliotecas Escolares
















  • Tamén colaboran nos préstamos e devolucións dos libros





MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN








mércores, 5 de outubro de 2016

RABI ANUNCIOU ESTA SEMANA O COMEZO DO PRÉSTAMO DE BIBLIOTECA DE CHANCELAS.

A nosa biblioteca arranca un curso máis. Case todas as clases pasaron xa esta semana para coller libro. Non falles! Temos moitas lecturas que nos seguirán enchendo de emocións ao longo das semanas. Seguimos aumentando contos e lectores. E unha sorpresa...
ESTE ANO CONTAMOS CON 25 VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA DE 5º E 6º. 
GRAZAS CHIC@S!!!!


domingo, 2 de outubro de 2016

Comeza mañá o préstamo de libros na Biblioteca de Rabi! 

Desexamos que veñades con ganas de vivir moitas aventuras coas nosas divertidas lecturas e moitas actividades máis......

Xa están listas as mochilas viaxeiras.


A partires do luns 3 de outubro as mochilas viaxarán polas casas. Espero que vos guste o que conteñen!

venres, 16 de setembro de 2016

Pronto estou outra vez na túa casa


Que tal rapaces e rapazas? Que tal o verán? Xa de volta na escola.

Nuns días pasarei polas vosas clases para deixarvos as mochilas viaxeiras e que poidades levar para as casas un anaco da nosa biblioteca.

Vémonos pronto!!