mércores, 28 de marzo de 2018

CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

Xa temos gañadora do Concurso de ilustración para a porta da nosa Biblioteca... tachán tachán...


Sara Barreiro González


Foi tan difícil a elección que o resto de ilustracións finalistas tamén serán empregadas como decoración do noso cole. 

Grazas a todos por participar.
MARTES CON ARTE: Tenis y Ciclismo

E rematamos o mes de marzo con deportes. Por un lado tivemos a Sara de 6º e as súas acompañantes Noa e Uxía facendo unha exposición e demostración de tenis. Todas unhas profesionais.



E por outro lado, Axel de 6º e Xoel de 1º, faláronnos doutro deporte, o ciclismo. Moi compenetrados.

luns, 19 de marzo de 2018

FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: CONTACONTOS

Ahí vai unha recompilación de fotos do contacontos "A caixa do tesouro" que realizou María, a nai de Sara de 5 anos.

Agradecemos enormemente a colaboración de María e das familias que están colaborando nesta e noutras actividades, así como tamén aos que asistides ás mesmas.

Disfrutade das fotos.

INVESTIGANDO CON RABI

"Investigando con Rabi" e unha actividade que parte da Biblioteca e que se realiza de forma voluntaria nalgúns recreos. Ten como obxectivo mellorar as habilidades na procura, tratamento e comunicación da información (onde buscar, seleccionar, contrastar e sintetizar a información, anotar fontes...).

A actividade consiste en contestar algunhas cuestións relacionadas co PDI que estamos a traballar. Como xa saberedes, este ano con motivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) vai sobre O Patrimonio histórico-artístico de Combarro.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de como traballan os nosos nenos e nenas. Picade na foto para ver mais.

mércores, 14 de marzo de 2018

MARTES CON ARTE: Ximnasia rítmica

Este martes 13, non nos deu mala sorte, todo o contrario, tivemos a honra de asistir a unha exhibición de ximnasia rítimica de man de tres profesionales: Natalia, Sofía e Noa Rodiño de 5º de primaria.

Espectacular.




Picade na foto para ver mais.



venres, 9 de marzo de 2018

FINALISTAS 
DO CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

Xa temos finalistas do Concurso de Ilustración para decorar a porta da nosa Biblioteca. Aínda que a cousa está moi difícil porque todas as ilustracións son moi boas, o vindeiro martes daremos o nome do gañador/a. 
  • Sara Barreiro González de 1ºA.
  • Miguel García Barcia de 2º.
  • Sabela Rañó Gómez de 3ºB.
  • Lucía Barragáns Martínez de 5º.
  • Noa Domínguez Tenaglia de 5º.
  • Sofía Esperón Carballa de 5º.

Rabi manda un forte abrazo e agradecemento a todos os participantes.

Que nervios!!!!!

MARTES CON ARTE: Acordeón

Este martes 6 de marzo nace a nosa actividade "MARTES con ARTE" na Biblioteca de Rabi, na que os protagonistas son os chanceliñas e chancelotes a través exposición de diferentes formas de expresión artística: oral, escrita, musical, corporal, plástica...

Esta actividade levarase a cabo nos recreos do martes, e é totalmente voluntario, tanto para os ARTISTAS como para os ESPECTADORES.

Xa levamos un tempo buscando talentos polo cole e os primeiros que se estrenan son dúas figuras do acordeón: Marina e Miguel de 6º. 

Todo un éxito, tanto que fixeron dous pases, un para primaria e outro para infantil.

Moi emocionante.


Mais fotos e vídeos picando na foto.