xoves, 21 de setembro de 2017

VISITA DE GONZALO MOURE

Por fin, o resultado final. Despois destes meses adicados ao noso proxecto "ESCRIBIR COMO LECTORES" coa obra de GONZALO MOURE, El oso que leía niños, aquí vos deixamos o broche de ouro coa visita do autor. E tamén apuntamos un enlace deste programa iberoamericano, organizado pola ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LECTURA E ESCRITURA (AELE) e a FUNDACIÓN SM, que pretende poñer a literatura ao alcance dos nenos e nenas a través da organización de distintas prácticas de escritura a través da lectura dunha obra de autor.