venres, 29 de decembro de 2017

CONTOS POR NADAL

Como anos anteriores, este Nadal tamén realizamos a actividade de Contos por Nadal na que todas as clases contan en reciben un conto. Unha das actividades que mais lle gustas aos nenos e nenas. Deixamos unha mostra dalgúns deles.





CONTOS POR NADAL 2º EP





RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aquí vos deixan os voluntarios da Biblioteca de Rabi as súas particulares recomendacións de contos navideños.


FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: OBRADOIRO DE NADAL

Inauguramos a nosa actividade FAMILIArízate COA BIBLIOTECA cun obradoiro de Nadal coa axuda de tres persoas esenciais para a súa realización:
  • Sonia García García, nai de Hugo Blanco (3º de EP) e membro da Comisión de Biblioteca creada no Consello Escolar do cole, que nos axudou na organización e realización do obradoiro.
  • Hugo Blanco García (3º de EP), que nos fixo unha exposición de cortos de Nadal.
  • Sofía Abal Posse (1º de EP), que axudou a contar o seu conto navideño preferido.
E para rematar, fixemos un obradoiro de postais de Nadal cunha chea de materiais. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Grazas a todas e todos os que participastes.


mércores, 27 de decembro de 2017

OBRADOIRO MATEMÁTICAS OAOA CON JULIO FERRO

Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro que nos fixo Julio Ferro, membro da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemética (AGAPEMA) sobre as Matemáticas OAOA. 

Picade na foto para ver mais

JULIO FERRO MARRA
Experto universitario (UNED 2002-2003) en Recursos e Materiais para a Ensinanza da Matemética en Educación Infantil, Primaria e ESO.
Ponente de cursos de formación do profesorado nos CEFORES de Vigo, Pontevedra, Tui, A Coruña, Ourense, Lugo e Ponferrada.
Creador e coordinador pedagóxicoda Semana Matemética en Vigo (a partires da 9ª edición IMATXINA), que vai xa pola 13ª edición.
Responsable en Vigo, desde fai anos, da realización do Rebumbio (Concurso de mateméticas para 6º de Primaria), da Olimpiada Matemática para 2º da ESO e de Matemáticas na Raia para 3º da ESO en colaboración coa APM (Asociación de Profesores de Matemáticas en Portugal). Todas elas organizadas pola AGAPEMA, sociedade da cal é Secretario Xeral desde 2011.
Profesor de matemáticas, debuxo técnico e tecnoloxía no CPR Rosalía de Vigo e recén xubilado.