sábado, 27 de febreiro de 2021

RECREOS RESIDUO CERO

Este curso, como xa vos foron contando os vosos fillos/fillas, propuxémonos un RETO importante, conseguir no noso centro RECREOS RESIDUO CERO.

O obxectivo é educar en sostenibilidade e concienciar á comunidade Educativa para implicala na redución da nosa pegada ambiental.

En resposta á actual emerxencia climática, queremos actuar. Por iso, como centro educativo, sumámonos ao reto RECREOS RESIDUO CERO, iniciativa posta en marcha polo colectivo medioambiental "Profes polo futuro" e apoiado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Trátase de que toda a comunidade educativa vaia na mesma dirección para reducir, na medida do posible, os residuos plásticos que xeramos na vida en xeral e nos recreos escolares en particular. Para isto, alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos facer un esforzo por cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte de produtos. Cada persoa individualmente ten un enorme poder na redución de residuos plásticos. Usemos ese poder e melloremos a situación. Seguro que, aínda que ao principio nos resulta difícil cambiar os hábitos, atoparemos maneiras sinxelas e creativas de non xerar residuos plásticos.



Deixamos este vídeo da aula de 5º de Primaria onde lles explican ao resto de alumnado o RETO: RECREOS RESIDUO CERO

 

A unión fai a forza e que hai máis importante que a saúde, a nosa e a do medio natural no que vivimos.

Sumádevos ao reto!!!!

venres, 26 de febreiro de 2021

RETO DE ROSALÍA E PHOTOCALL

Polo Día de Rosalía, ademais de rapear os seus poemas, Rabi xunto co Equipo de Dinamización da Língua Galega propúxonos un RETO para coñecer un pouco mais de Rosalía de Castro. 

PREMEDE NA PRIMEIRA FOTO PARA VER O ALBUM COMPLETO
 

xoves, 25 de febreiro de 2021

RECOMENDACIÓN LECTORA RADIO TUI: VAIA TROPA

Xa temos unha nova recomendación lectora dos nenos e nenas de 4º de Primaria para Radio Tui: Vaia Tropa, de Antón Cortizas. 

Lembrade que a podedes escoitar en directo accedendo no icono de Radio Tui na marxe dereita do noso blog.

RAPEANDO A ROSALÍA

Este ano celebramos o Día de Rosalía facendo Rap con algúns dos seus poemas. Velaquí o resultado.

RAP DE INFANTIL: LUGAR MAIS FERMOSO DE CANTARES GALLEGOS

RAP DE 1º: VAITE NOITE

RAP DE 2º: COMO CHOVE MIUDIÑO
 

RAP DE 3ºA: LUGAR MAIS FERMOSO DE CANTARES GALLEGOS
    

RAP DE 3ºB: LUGAR MAIS FERMOSO DE CANTARES GALLEGOS

RAP DE 4º: PRA A HABANA

RAP DE 5º: ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES

RAP DE 6ºA: ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES

RAP DE 6ºB: NEGRA SOMBRA

domingo, 21 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Este ano conmemoramos 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Aquí deixamos un Genially elaborado por un grupo de mestres da Coruña, para dar a coñecer a figura de Rosalía. 

E para  os que queredes ir máis alá, adentrádevos a coñecer máis como vivíu Rosalía de Castro.

sábado, 20 de febreiro de 2021

MARTES CON ARTE: BAILE DE ENTROIDO CON ADARA DE 3ºA

Moi preto das datas do Entroido Adara de 3ºA ofreceuse a amosarnos o baile que fixo no Entroido pasado na súa comparsa. 

O resultado foi impresionante. O único que nos faltou foron as preguntas finais que, con tantos nervios, apareceu o que chamamos "medo escénico".

Grazas Adara pola túa participación


PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

venres, 19 de febreiro de 2021

ENTROIDO: CHANCELAS NO CAMIÑO

 Aquí vos deixamos esta entrada cun resumo do noso particular desfile de Entroido.

AS FAMILIAS CONTAN: TAICHÍ CON JAVIER, PAI DE SHAILA E CINTIA

Unha vez mais... As familias contan, e nesta ocasión cunha relaxante sesión de Taichí con Javier, pai de Shaila e Cintia de Infantil.

Estamos desexando que poidamos desfrutar da súa experiencia presencialmente no noso cole.

Graciñas por colaborar.

mércores, 17 de febreiro de 2021

MARTES CON ARTE: PIANO CON LÚA DE 3ºA

 Unha vez mais contamos cunha artista no cole. Nesta ocasión Lúa de 3ºA deleitounos cunha sesión de piano moi emocionante.

Moitas grazas Lúa pola túa participación.

PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

sábado, 13 de febreiro de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Cada 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio pola UNESCO. Este ano dedicado á EVOLUCIÓN, INNOVACIÓN e CONEXIÓN da Radio. No cole a partires desta proposta pensamos que sería fermoso que desde a casa conectárades as vosas lembranzas da radio coa nosa actual emisora Radio Chancelas.

Hoxe queremos compartir con toda a comunidade educativa parte do contido destas gravacións que fixo o noso alumnado aos seus pais, nais, avos, avoas...

En próximas entradas ampliaremos o programa con todas as gravacións.

Esperamos que vos guste. 

sábado, 6 de febreiro de 2021

NOVA CANLE DE TIK TOK

Temos nova canle de Tik Tok! Si, si, escoitáchedes ben, o cole de Chancelas creou a súa canle de Tik Tok, a que estades agardando para ver os videos tan divertidos que estamos a colgar?

Por suposto tamén están pasando cousas na biblio que aparecen en Tik Tok como o traballo en Radio Chancelas ou cos recén estreados Escornabots, incluso fixemos un dúo coa xornalista do Dígochoeu da RTVG, e contestounos e todo. Mirade, mirade xa temos a Rabi coa súa sudadeira, premede nel e descubride todo isto.

venres, 5 de febreiro de 2021

MARTES CON ARTE: VASOS SONOROS CON 6ºB

Algúns dos nenos e nenas de 6ºB queixeron facer unha demostración musical con vasos que traballaron o curso pasado na área de Música. A disfrutar!!!!!

OBRADOIRO DE RADIO: O CLUB DAS CINCO

No Obradoiro de Radio, Teresa, Nuria, Naiara, Rocío e Alba crearon "O Club das Cinco". Aquí vos deixamos algunhas das súas creacións.

xoves, 4 de febreiro de 2021

MARTES CON ARTE: INICIOS DA FOTOGRAFÍA CON ANXO 3ºA

Nesta ocasión tivemos un MARTES CON ARTE interesantísimo con Anxo de 3ºA sobre como se fixo a primeira fotografía.

Bo traballo Anxo!!!

mércores, 3 de febreiro de 2021

MARTES CON ARTE: A CHUPIPANDI DE 4º

Aquí temos a actuación de Alma, Mati, Sofía, Enma e Iria de 4º cun popurrí de bailes, cancións, creatividade, risas e improvisación.