Estas nenas de 6º, Sabela e Noa D.T., son unhas artistas. Rabi síntese moi orgulloso delas. Este martes deixáronnos a todos coa boca aberta coa música dos seus violíns.
E despois déronnos algunhas clases de violín e deixaronnos practicar un pouquiño.
COMPARTINDO LECTURAS
RADIO CHANCELAS: RECOMENDACIÓNS LECTORAS
CANTARES GALLEGOS, DE ROSALÍA DE CASTRO
domingo, 24 de febreiro de 2019
DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
(24 DE FEBREIRO)
sábado, 23 de febreiro de 2019
MARTES CON ARTE:
PANDEIRETA CON SAMUEL
Outra sesión de pandeireta con Samuel de 3º e con un público moi especial.
E como non, os de infantil tamén quixeron disfrutar de Samuel:
MARTES CON ARTE: HÍPICA
A hípica foi o deporte que escolleron Paloma de 3º e Alex de 6º para expoñer este martes con arte. A primeira foi Paloma e despois animouse Alex para completar a explicación. Tiveronnos a todos moi enganchados todo o recreo.
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 6º:
O MAR
As nenas e nenos de 6º participaron nun concurso de fotografía. A temática era o Mar. Aquí vos deixamos os resultados.
Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE:
PANDERETEIRAS
En Chancelas estamos cheos de talento de todas as idades. Aquí tedes a Rocío e Elisabeth de 5º e Ainhoa de 3º cunha exhibición de pandeireta con baile e todo. Ademais estiveron dándonos clases aos outros nenos e a algunhas profes.
venres, 22 de febreiro de 2019
MARTES CON ARTE: TENIS
Nesta ocasión foron Matías de 3º e Ana María de 6º os que se decidiron por facer unha exposición sobre un deporte que dominan: Tenis.
En infantil, os nosos chanceliñas tamén quixeron celebrar o San Valentín escribindo unha carta a un ser querido. Estaban emocionados.
xoves, 14 de febreiro de 2019
INVESTIGAMOS EN SAN VALENTÍN
Aquí vos deixamos algunhas fotos do xogo de San Valentín. Foi todo un éxito!!!!
FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN
PREPARANDO O SAN VALENTÍN
Aínda que o Día de San Valentín pode resultar un "día comercial", non podemos olvidar que é unha excenlente excusa para motivar ao os nenos e nenas. Así que Rabi púxose mans á obra e preparou un xogo de investigación.
mércores, 13 de febreiro de 2019
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Picade na foto para ver mais
Co gallo da celebración do Día Mundial da Radio, estivemos a argallar un programa moi divertido cos delegados e subdelegados do cole. En canto o teñamos listo, colgarémolo, polo momento vos deixamos algunhas fotos dos chanceliñas e chancelotes experimentando coa radio.
Picade na foto para ver mais
martes, 12 de febreiro de 2019
DÍA DA PAZ
Como en anos anteriores as compañeiras da Casa Rosada fixéronnos unha proposta para o Día da Paz: tiñamos que elaborar receitas para a Paz. Ademais para celebralo viñeron a cantar con nós a canción da Paz deste ano que traballamos todos os coles de Poio.
3ª XUNTANZA DE DELEGADOS
Por terceira vez este curso os delegados asistiron a unha xuntanza para tratar o seguinte tema:
Celebración do Día Mundial da Radio.
luns, 11 de febreiro de 2019
MONTANDO A NOSA RADIO
En Chancelas non paramos, aquí estamos algunhas mestras en plena formación de Radio con moitas ganas de poñela en marcha.
domingo, 10 de febreiro de 2019
MARTES CON ARTE: TAEKWONDO
Nesta ocasión foi David de 4ºA o encargado de contarnos como vai iso do TAEKWONDO e de facernos unha exposición-exhibición espectacular. Os nenos e nenas desde os mais pequeniños ata os maiores quedaron abraiados.
Moitas grazas David!!!
Ademais os de infantil tamén quixeron disfrutar deste deporte así que aproveitamos a ocasión para facer un mix de artes marciais coa axuda de Janna e David, explicándonos cada un a súa especialidade.
MARTES CON ARTE:
TEATRO DAS NENAS DE 6º
Unha vez mais, algunhas nenas de 6º quixeron participar na biblio ofrecendo, nesta ocasión, as súas habilidades como contacontos. A elección para representar na hora do recreo foron dous contos tradicionais:
OS TRES PORQUIÑOS
CARAPUCHIÑA VERMELLA
E despois estas nenas tamén se animaron con infantil: