xoves, 31 de marzo de 2022
VISITA DE CRISTINA CORRAL
O 21 de marzo foi o Día da Poesía e para celebralo tivemos unha visita moi especial, Cristina Corral. Cirstina é periodista, escritora e mestra pero, sobre todo, gran amiga do noso cole. Moitas grazas Cris por agasallarnos coa túa visita.
PICADE PARA VER MAIS FOTOS
mércores, 30 de marzo de 2022
luns, 28 de marzo de 2022
REFORMAS NO PATIO
Queremos agrader a colaboración e implicación de todas as familias voluntarias que están participando na mellora do noso patio.
Sen vós non sería posible.
sábado, 26 de marzo de 2022
DÍA DA MULLER
Aquí tedes algunha das cousiñas que fixemos no cole polo Día da Muller:
luns, 21 de marzo de 2022
O CARBALLO CON BOTAS
Polo gallo do Día da Árbore tivemos a visita do Carballo con Botas, que lles fixo un contacontos ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Ademais deixoulles de agasallo unha caixa sorpresa.
martes, 8 de marzo de 2022
DÍA DA MULLER: CONTACONTOS MARUJA MALLO
Grazas á colaboración do Concello de Poio puidemos contar, polo Día da Muller, coa visita de Polo correo do vento que lles fixo ao alumnado de 3º un contacontos sobre Maruja Mallo.
luns, 7 de marzo de 2022
venres, 4 de marzo de 2022
xoves, 3 de marzo de 2022
A CESTA DE ENTROIDO XA TEN GAÑADORA!
A cesta con productos do entroido para a excursión da clase de Sexto xa ten gañadora.
A cesta foi cedida pola AMPA O Xunqueiro e mercada nun comercio local para poder extender a celebración do entroido un pouquiño máis.
O número coincidente coas tres cifras do sorte da ONCE do mércores día 2 de marzo foi o 768.