luns, 27 de marzo de 2017

LIBERAMOS AS NOSAS POESÍAS

Como nos pediu Rabi na súa carta, cada clase creou 4 versos polo planeta. O venres reunímonos na biblioteca para que o resto do cole poida disfrutar deles. Mirade e escoitade, somos uns verdadeiros poetas. Picade na fotos para ver os vídeos




RABI VOLVEUSE POETA

Aquí tedes a carta que nos enviou Rabi polo Día Internacional da Poesía.


xoves, 23 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo conmemoramos no cole o DÍA DA POESÍA. E para celebralo fixemos un montón de cousas. 
Unha delas foron utilizar para as nosas músicas-timbres poemas musicados. Picade na imaxe para ver os poemas.


Ademais, non nos quixemos esquecer do centenario do nacemento de GLORIA FUERTES e lle reservamos un recantiño no cole.


E, como non, lemos e lemos poesía gracias ao expositor de libros de poesía da nosa Biblioteca que Rabi e os voluntarios escolleron con moi bo gusto. Picade na imaxe para ver mais.


martes, 21 de marzo de 2017

CENTENARIO DO NACEMENTO DE
GLORIA FUERTES. 
A POETA DOS NENOS


DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
21 DE MARZO

INVESTIGAMOS A...
JANE GOODALL

Os chancelotes de 1º, 2º e 3º conseguiron unha morea de información sobre JANE GOODALL. Aquí vos deixamos os seus traballos:


sábado, 18 de marzo de 2017

INVESTIGAMOS A...
WANGARI MATAAI

Os chanceliñas de infantil fixeron un moi bo traballo de investigación sobre WANGARI MATAAI. Velaquí o tedes:


CONTACONTOS EN PRIMEIRO E SEGUNDO

Os chacelotes de 1º e 2º recibiron pasado luns a visita do CONTACONTOS Paco Nogueiras. Foi una actividade divertidísima. Picade na foto para ver mais:

venres, 10 de marzo de 2017

INVESTIGAMOS A...
DIAN FOSSEY

Os chancelotes de 4º e 5º foron os mais rápidos en conseguir información sobre DIAN FOSSEY. Aquí vos deixamos os seus traballos:





RECANTO DE LECTURA:
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o día da muller, RABI fixo unha selección de libros relacionados co tema e creou en recanto moi acolledor para disfrutalos.


CARTA DE RABI: 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Un ano máis, RABI quere conmemorar o 8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Esta vez cun vídeo sobre mulleres activistas en defensa da natureza e o medio ambiente. 

O NOSO ECOXORNAL

Aquí tedes o resultado das investigacións dos nosos chanceliñas e chancelotes. Un ecoxornal con noticias da prensa relacionadas co coidado do planeta.



SEMANA DA PRENSA

Co gallo da SEMANA DA PRENSA, RABI quixo poñer a proba a capacidades de investigación dos nosos nenos e nenas. Aquí vai a carta de RABI:

xoves, 9 de marzo de 2017

RABI FOI DE COMPRAS

RABI volveuse tolo comprando cousas chulísimas para a nosa biblioteca, e o seu exercito de voluntarios, púxose mans á obra para organizalas. Xa temos estanterías, sofa, alfombra... Esta quedando moooi linda!!! Picade na foto para ver máis.