luns, 24 de febreiro de 2020

RADIOCHANCELAS NO
DÍA DE ROSALÍA

PREMIOS GOYA EN CHANCELAS

Seguindo coa temática do PDI deste curso, tocounos investigar sobre os premios GOYA. Así quedou o cole despois da gala celebrado o 25 de xaneiro.

Picade na foto para ver mais
CINE NA BIBLIO: "LA PIANOLA, DE LAUREL E HARDY"

Picade na foto para ver mais
DÍA DA PAZ

Seguindo coa a proposta da Casa Rosada do Concello polo Día da Paz, Rabi converteuse nun médico investigador na procura dunha vacina contra a violencia, o machismo, a guerra, a fame... e todas esas cousas feas que aínda anda no mundo. Cada clase preparou as súas vacinas que despois puxemos no expositor da PAZ.

Picade na foto para ver mais

sábado, 22 de febreiro de 2020

FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS

Aquí vos deixamos algunhas fotos da charla sobre Primeiros Auxilios na idade escolar por parte de Catuxa Lagarón, nai de Mario de 3 anos. 

Moitas grazas Catuxa pola túa xenerosidade ao compartir os teus coñecementos con toda a comunidade educativa.

Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE: TEATRO CON MARIÑA, JANNA, TERESA, ALBA E ROCÍO DE 5ºA

Estas nenas de 5º levan o teatro nas veas e, ademais de colaborar coa biblioteca moi a miúdo, dedican o seu tempo libre a preparar estas actividades tan chulas para o resto de compañeiros.

A PRINCESA QUE NON SABÍA ESTORNUDAR

MARTES CON ARTE: FLAUTA CON IRIS DE 3º

Esta vez tocoulle a Iris que nos fixo un concerto de flauta que nos deixou coa boca aberta a todos e todas, incluídas a moitas profes.

MARTES CON ARTE: BALLET CON SARA DE 2º

Nos mARTEs con ARTE teñen cabida todas as artes. Nesta ocasión Sara de 2º fíxonos unha demostración de Ballet que nos deixou abraiados a todos os asistentes.

sábado, 1 de febreiro de 2020

ASEMBLEA DE CONVIVENCIA EN INFANTIL

Os mais pequenos do cole tamén quixeron debatir como vamos levando isto das normas de convivencia os nenos e nenas de infantil. Picade na foto para ver mais.

INVESTIGANDO NA BIBLIO

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos nenos e nenas de 2º investigando na biblioteca

Picade na foto para ver mais

AS FAMILIAS CONTAN... TAMÉN EN PRIMARIA

Xa é habitual no noso cole que as familias dos nosos chanceliñas de infantil veñan a visitarnos e falarnos do seu traballo, afeción, contarnos un conto... Pero esta vez tocoulle a quenda a Mariana, a nai de Olivia de 4º de Primaria, que nos falou do seu traballo e nos fixo varias sesións de Pilates cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º.

CINE NA BIBLIO: "O VENDEDOR DE FUME"


COMEZAMOS COA ROBÓTICA

Iniciámonos coa robótica co noso primeiro xogo de programación, un rato programable para facer circuitos.

Picade na foto para ver mais
CHARLA COA GUARDIA CIVIL

Un ano mais tivemos a visita dun guardia civil para falarnos de dous temas moi importantes: "A responsabiblidade no uso das novas tecnoloxías" e a "Violencia de xénero"

Picade na foto para ver mais
XUNTANZA VOLUNTARIADO PATIO E BIBLIOTECA

Despois dun trimestre de moito traballo, os nosos voluntarios merecen unha xuntanza para valorar o seu traballo. Por suposto, a valoración foi moi positiva e todo o voluntariado tivo a súa recompensa cun picoteo saudable.

Picade na foto para ver mais
VOLUNTARIADO DE PATIO

Seguimos no noso empeño por mellorar a convivencia no cole e qué mellor forma que implicar aos nenos e nenas nesa tarefa. Unha das ideas que xurdiron por mellorar a convivencia no patio foi a de propoñer mais variedade de materiais. E velaquí aos voluntarios de patio repartindo todo tipo de xoguetes, instrumentos, pelotas, cordas, aros, raquetas...


BRIGADA VERDE

Algunas nenas de 2º seguen no seu empeño de colaborar para deixar o noso cole limpo e sen plásticos. Bravoooo!!!

BACKSTAGE DO ENSAIO DE NADAL

PHOTOCALL DE NADAL 2019

Picade na foto para ver mais