luns, 16 de outubro de 2023

VOLUNTARIADO E XOGOS DE PATIO

Este voluntariado leva un percorrido de 8 anos, pero fai catro cursos que se estableceu como grupo formal de mediadores. Os seus inicios, tiñan o obxectivo de favorecer a creación de patios inclusivos e puxemos o acento en 4 puntos clave: participación, inclusión social, igualdade de xénero, e sostenibilidade ambiental. Despois de analizar algunhas premisas como estas: o uso que se facía do patio en función do sexo e da idade do alumnado, as actividades realizadas, a división das zonas, a accesibilidade dos diferentes espazos, o contacto coa natureza... formouse un equipo de voluntarios de patio. Despois de recibir formación da responsable da biblioteca e a mestra de Educación Física estableceuse un calendario anual onde o alumnado foi rotando quincenalmente.

xoves, 5 de outubro de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

As nosas mochilas comezan a súa viaxe cunha morea de lecturas. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos nosos voluntarios facendo o reparto de mochilas polas clases.