mércores, 25 de maio de 2022
AS FAMILIAS CONTAN CON JOSE, PAI DE VERA
Unha vez mais contamos coa visita dun pai que nos falou da súa aficción favorita, a pesca. Ensinounos unha chea de bichería, aparellos, canas de pescar... Tamén nos explicou cun vídeo como Vera se convertera en pirata e finalmente nos fixo pasar polas 7 probas necesarias para convertirnos nuns verdadeiros piratas: saber pescar, ser fortes, ser silenciosos, ser valentes, ser rápidos, saber cociñar e saber ler un mapa para atopar o tesouro.
Velaquí algunhas fotos. Grazas Jose pola túa colaboración
luns, 23 de maio de 2022
INNAUGURACIÓN DO NOSO XEODOMO
Despois de moito traballo, o alumnado de sexto rematou o seu xeodomo e celebrámolo con innauguración incluida.
ENCONTRO LITERARIO CON JULIO SANTOS
O pasado 18 de maio de 2022, o mestre, xornalista e escritor marinense Julio Santos Pena foi entrevistado polos alumnos e alumnas de 4º de primaria.
PREMER PARA ACCEDER A MAIS FOTOS E VÍDEOS
Despois de ler o seu libro "Porque fun mestre na illa, Ons no meu corazón" invitámolo ao colexio para compartir un encontro do mais entrañable e enriquecedor.
Recibímolo a Ritmo de Foliada, concretamente a de Amoeiro, así como por dúas pezas máis interpretadas con acordeón, piano, instrumentos tradicionais, de láminas e pequena percusión.
De seguido, reunidos na biblioteca do centro, escoitamos un podcast elaborado polo alumnado recomendando a lectura de dito libro. Podcast emitido pola Radio Municipal de Tui.
Despois da conversa mantida cos alumnos e mestras Mª José e Alicia, esta última sobriña do escritor, e logo de facer un percorrido visitando as instalacións do centro educativo, algúns nenos e nenas fixéronlle unha entrevista en Radio Chancelas para rematar cunha despedida en Rabi TV.
As tornas cambiaron para Julio, xa que de estar sempre detrás da noticia, ese día a noticia era el. El foi o verdadeiro protagonista, as súas vivencias como mestre na illa de Ons hai mais de 50 anos, a súa labor como xornalista, a súa faceta de escritor... deixaron abraiados a uns ointes do mais espectantes e interesados.
Unha experiencia do mais enriquecedora na que como en todo encontro con autores non podía faltar a firma de libros. Clausurando o acto alumnos e alumnas entregáronlle uns agasallos ao escritor.
"Grazas Julio polas túa conversa, polas túas historias, polas sinaturas dos libros, e sobre todo grazas polos gratos momentos compartidos no Colexio de Chancelas. Ata pronto"
domingo, 22 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, ademais de traballar a vida e obra do homenaxeado deste ano, Florencio Delgado, o alumnado de Chancelas fixo apadriñamentos lectores en galego. Nesta ocasión entre os compañeiros da mesma clase para respectar os grupos estables de convivencia.
Ademais alumnado de 5º fixo un programa de radio adicado á vida e obra do escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado.
CHANCELAS EN "DIXINNOVA 2022"
xoves, 19 de maio de 2022
Gañadora da cesta do Día das Letras Galegas
O sorteo dunha cesta polo Día das Letras Galegas xa ten gañadora.
NORABOA MARTA!
A clase de 6º sorteou esta cesta cedida pola familia de Juan Pedro para poder financiarse a excursión de fin de curso e a rifa gañadora foi a número 586, que coincidiu co boleto premiado no sorteo da ONCE do 17 de maio.
martes, 17 de maio de 2022
MUSICANDO CON ALICIA NA PESCUDA DE SONS
Velaquí os nenos e nenas de 1º e 5 anos na pescuda de sons: naturais, producidos polo ser humano, longos, curtos, agudos, suaves...
xoves, 12 de maio de 2022
CHARLA "OS PERIGOS NA REDE"
Os maiores de 5º e 6º tiveron a sorte de contar cunha charla dun membro da Garda Civil sobre os perigos da Rede grazas á participación do noso centro no Plan Director.
sábado, 7 de maio de 2022
MAIO 2022
Aínda que cun pouco de retraso por outros acontecementos do cole, celebramos O noso Maio coas habituais coplas elaboradas polas distintas aulas. Velaquí algunhas fotos.
Agradecemos enormemente a colaboración das familias con todas as súas aportacións.
OBRADOIRO DE CHARO PITA
Charo Pita chegou coma un remuíño que nos fixo participar a profes, familias e cativada nas súas propostas. Foi unha tarde xenial onde compartimos momentos moi especiais.
Grazas Charo, esperámos que volvas pronto.
venres, 6 de maio de 2022
PLANTACIÓN DE ÁRBORES EN CHANCELAS
Grazas ao Proxecto de Eroski/Vegalsa "UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA" pola súa aportación na mellora do noso patio escolar e noraboa aos gañadores do concurso de relatos: Ximena e Iker de 5º, e Gabriela e Mateo de 6º.
mércores, 4 de maio de 2022
VISITA DOS AVÓS DE SARAIVA
Unha vez mais recibimos a visita dos nosos avós favoritos do Centro de Día Saraiva. Velaquí algunhas fotos dos momentos mais especiais.
OBRADOIRO "VIVE A BIBLIO EN FAMILIA"
Nesta ocasión visitounos Damián Alonso, de SoloVoz, que nos ofreceu un obradoiro moi especial onde familias e profesorado puido compartir unha morea de experiencias e recursos sobre o arte de como contar historias.
martes, 3 de maio de 2022
VISITA DE MARIA CANOSA
Este curso quixemos conmemorar o Día do Libro cunha visita moi especial. Maiores, pequenos, profes... todos estabamos desexando que chegase este día despois do esforzo e traballo realizado durante todo o curso arredor dos libros de María Canosa.
Recibimos a esta escritora cunha peza musical interpretada polos nenos e nenas de 4ºB e despois por quendas fomos coñecendo a nosa invitada. Foi moi entrañable e todo grazas ao agarimo e cercanía de María.