luns, 23 de maio de 2022

ENCONTRO LITERARIO CON JULIO SANTOS

O pasado 18 de maio de 2022, o mestre, xornalista e escritor marinense Julio Santos Pena foi entrevistado polos alumnos e alumnas de 4º de primaria.


PREMER PARA ACCEDER A MAIS FOTOS E VÍDEOS

 

Despois de ler o seu libro "Porque fun mestre na illa, Ons no meu corazón" invitámolo ao colexio para compartir un encontro do mais entrañable e enriquecedor.

 

Recibímolo a Ritmo de Foliada, concretamente a de Amoeiro, así como por dúas pezas máis interpretadas con acordeón, piano, instrumentos tradicionais, de láminas e pequena percusión.

 

De seguido, reunidos na biblioteca do centro, escoitamos un podcast elaborado polo alumnado recomendando a lectura de dito libro. Podcast emitido pola Radio Municipal de Tui.


Despois da conversa mantida cos alumnos e mestras Mª José e Alicia, esta última sobriña do escritor, e logo de facer un percorrido visitando as instalacións do centro educativo, algúns nenos e nenas fixéronlle unha entrevista en Radio Chancelas para rematar cunha despedida en Rabi TV.





As tornas cambiaron para Julio, xa que de estar sempre detrás da noticia, ese día a noticia era el. El foi o verdadeiro protagonista, as súas vivencias como mestre na illa de Ons hai mais de 50 anos, a súa labor como xornalista, a súa faceta de escritor... deixaron abraiados a uns ointes do mais espectantes e  interesados.

 

Unha experiencia do mais enriquecedora na que como en todo encontro con autores non podía faltar a firma de libros. Clausurando o acto alumnos e alumnas entregáronlle uns agasallos ao escritor.

 

"Grazas Julio polas túa conversa, polas túas historias, polas sinaturas dos libros, e sobre todo grazas polos gratos  momentos compartidos no Colexio de Chancelas. Ata pronto"

Ningún comentario:

Publicar un comentario