venres, 24 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER

Hoxe conmemoramos este día con mensaxes feitos polos nosos nenos e nenas e que despois plasmamos en carteis  cos que empapelamos a entrada do cole. 

Tamén tivemos un ratiño durante a xornada de hoxe onde reflexionamos sobre o tema e gardamos un minuto de silencio en recordo das víctimas.



DE EXCURSIÓN POLA BIBLIOTECA DE PONTEVEDRA

Un ano mais fomos de exursión á biblioteca de Pontevedra. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mais pequenos.


mércores, 22 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí vos deixamos no expositor da entrada á biblioteca unha selección de libros para traballar neste día tan importante.



RECANTO PARA AS FAMILIAS

Por fin temos o tan ansiado recanto para as familias. Está situado na entrada da biblioteca. Xa temos algúns materiais pero pouquiño a pouco  o completaremos con mais cousiñas.

Esperamos que vos guste e o disfrutedes.