Velaquí o nosos CONTOS POR NADAL deste curso. Esperamos que vos gusten, nós pasámolo xenial compartindo estas historias entre aulas.
xoves, 22 de decembro de 2022
martes, 20 de decembro de 2022
luns, 19 de decembro de 2022
sábado, 17 de decembro de 2022
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Este curso quixemos darlle unha volta ás nosas habituais recomendacións lectoras de Nadal. Saímos á rúa en busca das opinións de dúas librerías para que, como expertos nesto dos libros, nos recomedaran lecturas para regalar nestas datas. Deste xeito, tentamos tamén promover o comercio local.
Así que non vos esquezades: POLO NADAL UN CONTO!!
LIBRERÍA SEIJAS
LIBRERÍA PAZ
venres, 16 de decembro de 2022
OBRADOIRO MONICREQUES
Velaquí as imaxes do obradoiro de Monicreques coas familias a cargo de Jorequeques.
Grazas a todos por participar
domingo, 11 de decembro de 2022
OS NOSOS BOOKTUBERS
Aquí vos deixamos o enlace á lista de vídeos da actividade "Polo Nadal, un Conto". Agradecemos a colaboración de todos os participantes.
xoves, 8 de decembro de 2022
SAÍDA NAVIDEÑA
Aquí vos deixamos a saída navideña de infantil e 1º de primaria a O Bosque de Nadal de Viveros O Piñeiro. A visita tivo dúas partes percorrido polo viveiro e a decoración navideña e unha visita guiada, microteatro e contacontos COLORÍN COLORADO. ¡O lugar onde viven todas as historias!
Nun entorno con moito encanto atopamos un mundo ao revés, co seu poboado navideño e as casas de moitas personaxes que viven nos contos: A Bela Durminte, A Ratiña Presumida, O Gato con Botas, A Fada Madriña, O Rato Pérez, Os sete cabritos ou O flautista de Hamelín.
PICADE NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS: 3 E 5 ANOS
PICADE NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS: 4 ANOS E 1º
mércores, 7 de decembro de 2022
sábado, 3 de decembro de 2022
venres, 2 de decembro de 2022
luns, 28 de novembro de 2022
venres, 25 de novembro de 2022
luns, 21 de novembro de 2022
VISITA DEPORTIVA
venres, 18 de novembro de 2022
SAÍDA Á CORUÑA
Co gallo de motivar o noso PDI Chancelas: apertas a mares, os maiores de 5º e 6º fixeron unha excursión a A Coruña para visitar entre outras cousas o Aquarium Finisterrae.
mércores, 16 de novembro de 2022
OBRADOIRO MEDIADORES BIBLIO-PATIO
Poñémonos en marcha co noso proxecto Mediación escolar formando ao alumnado voluntario de biblioteca e patio en mediación para a resolución de conflictos, formación que lles será útil non so no ámbito escolar senon tamén para moitos aspectos das súas vidas.
CHANCELAS EN ONDA CERO
O Concello de Poio vén de estrear unha actividade ideada para celebrar o 50 aniversario do Conxunto Histórico Artístico coa rapazada dun xeito lúdico e divulgativo. Trátase dunha actividade de rastrexo denominada Combarro City Chase e posta en marcha pola Concellería de Educación en cooperación cos colexios da zona, entre eles Chancelas.
Ademais, grazas a este Proxecto, algúns dos nosos nenos e nenas puideron participar nun programa en directo con Onda Cero.
luns, 14 de novembro de 2022
NOVA ADQUISICIÓN: A MÁQUINA DE CHAPAS
Primeiro os profes tivemos unha pequena formación e pouco a pouco foron probando algúns nenos e nenas.
O SAMAÍN EN CHANCELAS: MONSTROS MARIÑOS
Este curso, polo Samaín, ambientamos as portas das aulas cos nosos particulares monstros mariños e elaboramos unha ficha técnica de cada un deles e, como é costume decoramos o cole con cabazas terroríficas.
PICADE NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS
VISITA ESTELA DÁNGELO
O día 10 de novembro tivemos a sorte de recibir a visita de Estela D´Angelo, doctora en Ciencias da Educación, profesora na Universidade Complutense de Madrid e presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE).
venres, 4 de novembro de 2022
mércores, 26 de outubro de 2022
APERTAS A MARES
E por fin... xa temos trailer do Proxecto Documental Integrado deste curso:
💓CHANCELAS, APERTAS A MARES💓
martes, 25 de outubro de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas realizamos, como todos os anos, apadriñamentos lectores. Nesta ocasión os padriños/madriñas e afillados/as lectores fixeron previamente un intercambio de cartas para coñecerse un pouquiño mais.
xoves, 20 de outubro de 2022
venres, 14 de outubro de 2022
MOCHILAS VIAXEIRAS
As nosas Mochilas Viaxeiras comezan a súa viaxe coa axuda de algúns dos novos voluntarios. Esperamos que vos gusten e as desfrutedes.
venres, 7 de outubro de 2022
sábado, 24 de setembro de 2022
venres, 23 de setembro de 2022
OS NOVOS CHANCELIÑAS
martes, 28 de xuño de 2022
CAMPIONATO DE PING-PONG
Este curso tivemos un novo atractivo para os momentos de lecer do cole, a esperada
MESA DE PING - PONG!
Esta foi acollida con moito entusiasmo polo alumnado, o cal adestraba sempre que podía e víase a mellora das súas técnicas e o aumento do nivel de xogo semana tras semana, mesmo retaban ó profesorado a xogar contra eles, que nivel!
No terceiro trimestre chegou o esperado CAMPIONATO no que cada un mostrou as súas mellores habilidades e un respecto polos rivais admirable, tanto como xogadores como como público.
Despois de varias xornadas chegou a final, na que participaron: Miguel e Anxo de 4º A; Martín, Enzo e Joel de 5º e Jairo de 6º.
Os campións desta xornada foron:
Anxo de 4º A (1º posto)
Enzo de 5º (2º posto)
Martín de 5º (3º posto)
O último día do curso todos os participantes recibiron un diploma pola súa participación e xogo limpo no campionato e os gañadores un premio especial para que continúen practicando no verán.
Noraboa a todos e todas as participantes polo ven que o fixestes e o entursiasmo mostrado ó longo de todo o campionato!
sábado, 25 de xuño de 2022
PEQUENO CABARET
Para rematar con risas despois de tanto traballo, invitamos a Nelson Quinteiro e a o seu Pequeno Cabaret para animar a despedida deste curso.
VISITAMOS O DIARIO DE AROUSA
O alumnado de 4º decidiu poñer broche de ouro ao seu PDI coa visita ao Diario de Arousa. Velaquí algunhas fotos.
venres, 24 de xuño de 2022
domingo, 19 de xuño de 2022
A BOTICA DE 2º
Para poñer broche final ao traballo realizado ao longo do curso, o alumnado de 2º tivo a visita de Hugo Morales botánico de ÍNDIGO: ARTES DECORATIVAS que nos fixo un obradoiro no que fabricamos unha crema de árnica e nos contou unha morea de cousiñas mais.
INFANTIL RUMBO A TAMBO
Nesta ocasión o alumnado de infantil ponse rumbo á Illa de Tambo e para rematar un ratiño de praia para descansar da longa viaxe.
AS FAMILIAS CONTAN: BALONMANO COA FAMILIA DE ZELTIA
Aquí tedes a visita de David e Jose Manuel, irmán o pai de Zeltia, que nos deron unhas clases de balonmano. Os nenos e nenas de 5 anos convertíronse por un día en auténticos deportistas.
Gracias pola colaboración
XOGOS DE AUGA
Dado a calor prevista, os nenos e nenas de infantil decidiron poñerse o bañador e refrescarse un pouquiño.
OS MAIORES DE 6º DE CAMIÑO A ASTURIAS
Por fin chegou o momento, os 25 nenas e nenos de 6º emprenden camiño á súa viaxe de Fin de etapa de Primaria. Boa viaxe!!!!
AS FAMILIAS CONTAN: MÚSICA COS PAIS DE SELENE
Aquí tedes algunhas fotos da visita de Lorena e Rosolino, pais de Selene que nos ofreceron uns momentos inolvidables coa súa música.
Moitísimas grazas pola colaboración