mércores, 29 de marzo de 2023

venres, 10 de marzo de 2023

IOGA EN FAMILIA

Este xoves tivemos a visita de Paula Cores coa que desfrutamos dunha tarde relaxante onde conectamos corpo, respiración e mente. Esperamos repetir.

RETO RESIDUO CERO

Despois da primeira investigación das nosas merendas o alumnado de 5º foi á praia para saber se o plástico chegaba ao mar. E así foi, atoparon moito máis do que nos gustaría en so media hora de recollida. Noa de 5ºA dinos que imos facer nos próximos días. 


Días despois, os nenos e nenas de 5º foron polas clases informando sobre os perigos dos plásticos de un só uso e deron algunha pista de como podemos axudar ao planeta e conseguir o RETO RESIDUO CERO.