domingo, 31 de xaneiro de 2021

sábado, 30 de xaneiro de 2021

FELIZ DÍA DA PAZ

Hoxe no Día da Non Violencia e a Paz queremos agasasarvos co Proxecto que realizamos coa colaboración de toda a Comunidade Educativa: A LENDA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS.

"Unha lenda xaponesa di que se fas mil grúas de papel, o teu maior desexo farase realidade".

No cole traballamos esta lenda a través da:

  • Creación de HAIKUS: Xénero literario de orixe xaponés escrito en 3 versos sen rima, facendo referencia a escenes da natureza ou da vida cotiá.
  • DECORACIÓN DE PORTAS contando a historia de Sadako partindo da proposta da Casa Rosada polo Día da Paz.
  • PEZA MUSICAL 4º de Primaria, na especialidade de música.


  • ELABORACIÓN DE MIL GRÚAS DE PAPEL coa colaboración de toda a Comunidade Educativa, alumnado, profesorado e familias.
A TODOS MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Esperamos que o desexo de Sadako, PAZ e SAÚDE para todos, se faga realidade. 

Feliz Día da Paz!!!

Picade na foto para ver mais fotos

UN HAIKU POLA PAZ

Este curso, Chancelas mergullouse no mundo xaponés coa creación de HAIKUS partindo da historia de SADAKO SASAKI. Pero... sabedes qué é un HAIKU?

Aquí vos deixamos un enlace moi interesante do Salón do libro onde Cristina Corral nos explica de xeito claro e breve qué é un HAIKU.

xoves, 28 de xaneiro de 2021

CON SADAKO POLA PAZ

Como todos os cursos, a Casa Rosada do Concello de Poio fai unha proposta a todos os coles de Poio polo Día da Paz. Este ano, tocounos decorar as portas: Portas pola PAZ.

Nós, en Chancelas, quixemos darlle unha volta e, ademais de decorar as portas, contámoslle aos nenos e nenas a historia de Sadako e a lenda das grullas.

Velaquí uns enlaces para coñecer un pouco sobre o tema:


RECREOS NA BIBLIO. MES DE XANEIRO

A pesares da situación singular deste ano, o préstamo sigue activo sempre respetando as medidas hixiénicas e de seguridade. Moitas grazas voluntarios pola vosa colaboración.

RECOLLIDA DE PLÁSTICOS

Mais cousiñas do noso proxecto sobre a reducción de plásticos






CONVERSAS NA BIBLIO

Os alumnos e alumnas de 1º de Primaria explican como é a súa Biblioteca escolar

xoves, 21 de xaneiro de 2021

RECREOS RESIDUO CERO

No noso cole estamos empeñados en reducir os residuos que estamos a xerar, especialmente o plástico. Os nenos e nenas de 5º serán os encargados de facer un estudio exhaustivo sobre este tema. Ahí vai un vídeo explicativo sobre este proxecto.

RECOMENDACIÓN PARA RADIO TUI

Aquí vos deixamos a recomendación lectora dos nenos e nenas de 4º para Radio Tui: Guía ilustrada de Galicia invisible, de Antonio Reigosa. Todos uns profesionais.