Xa temos gañadora do Concurso de ilustración para a porta da nosa Biblioteca... tachán tachán...
Sara Barreiro González
Foi tan difícil a elección que o resto de ilustracións finalistas tamén serán empregadas como decoración do noso cole.
Grazas a todos por participar.
MARTES CON ARTE: Tenis y Ciclismo
E rematamos o mes de marzo con deportes. Por un lado tivemos a Sara de 6º e as súas acompañantes Noa e Uxía facendo unha exposición e demostración de tenis. Todas unhas profesionais.
E por outro lado, Axel de 6º e Xoel de 1º, faláronnos doutro deporte, o ciclismo. Moi compenetrados.
Ahí vai unha recompilación de fotos do contacontos "A caixa do tesouro" que realizou María, a nai de Sara de 5 anos.
Agradecemos enormemente a colaboración de María e das familias que están colaborando nesta e noutras actividades, así como tamén aos que asistides ás mesmas.
Disfrutade das fotos.
INVESTIGANDO CON RABI
"Investigando con Rabi"e unha actividade que parte da Biblioteca e que se realiza de forma voluntaria nalgúns recreos. Ten como obxectivo mellorar as habilidades na procura, tratamento e comunicación da información (onde buscar, seleccionar, contrastar e sintetizar a información, anotar fontes...).
A actividade consiste en contestar algunhas cuestións relacionadas co PDI que estamos a traballar. Como xa saberedes, este ano con motivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) vai sobre O Patrimonio histórico-artístico de Combarro.
Aquí vos deixamos algunhas fotos de como traballan os nosos nenos e nenas. Picade na foto para ver mais.
mércores, 14 de marzo de 2018
MARTES CON ARTE: Ximnasia rítmica
Este martes 13, non nos deu mala sorte, todo o contrario, tivemos a honra de asistir a unha exhibición de ximnasia rítimica de man de tres profesionales: Natalia, Sofía e Noa Rodiño de 5º de primaria.
Espectacular.
Picade na foto para ver mais.
venres, 9 de marzo de 2018
FINALISTAS
DO CONCURSO DE ILUSTRACIÓN
Xa temos finalistas do Concurso de Ilustración para decorar a porta da nosa Biblioteca. Aínda que a cousa está moi difícil porque todas as ilustracións son moi boas, o vindeiro martes daremos o nome do gañador/a.
Sara Barreiro González de 1ºA.
Miguel García Barcia de 2º.
Sabela Rañó Gómez de 3ºB.
Lucía Barragáns Martínez de 5º.
Noa Domínguez Tenaglia de 5º.
Sofía Esperón Carballa de 5º.
Rabi manda un forte abrazo e agradecemento a todos os participantes.
Que nervios!!!!!
MARTES CON ARTE: Acordeón
Este martes 6 de marzo nace a nosa actividade "MARTES con ARTE" na Biblioteca de Rabi, na que os protagonistas son os chanceliñas e chancelotes a través exposición de diferentes formas de expresión artística: oral, escrita, musical, corporal, plástica... Esta actividade levarase a cabo nos recreos do martes, e é totalmente voluntario, tanto para os ARTISTAS como para os ESPECTADORES. Xa levamos un tempo buscando talentos polo cole e os primeiros que se estrenan son dúas figuras do acordeón: Marina e Miguel de 6º.
Todo un éxito, tanto que fixeron dous pases, un para primaria e outro para infantil.