"O
TIMBRE DO NOSO COLE"
MÚSICA
PARA ENTRAR E SAÍR
CEIP
PLURILINGüE DE CHANCELAS
Coa
intención de reducir a
contaminación acústica
do colexio e entrar cunha actitude
máis positiva ás aulas,
cambiamos
o son do timbre,
as veces un tanto estridente, que anunciaba as entradas, saídas e
principio e fin do recreo, por
unhas melodías
que varían cada semana. Para que non se convirtan nun ruido máis,
sempre que podemos, traballámolas tamén dende a clase de música,
intentando conseguir unha audición
máis activa e
consciente dos
temas seleccionados.
Cada
luns, na porta da entrada, cambiamos o panel informativo onde
aparecen os catro temas e autores que sonarán durante esa semana
cunha breve reseña. As veces, son os propios alumnos os que teñen
que investigar ou completar dita información.
Os
estilos
de música
son
variados,
música de bandas
sonoras de películas,
clásica,
pop,
música
relacionada co cine,
a
literatura,
musicais...
entre outras moitas
opcións. Do mesmo xeito intentamos relacionar esas músicas coa
época do ano, estación, anécdotas ou noticias de actualidade.
Todos
os membros da comunidade educativa estades invitados a propoñer e
recomedar melodías.
Ademáis de
entrar con alegría ás aulas,
o
que se pretende é
achegar
ao alumnado audicións e tipos de música que non teñen tanto ao
seu alcance como a música actual ou máis comercial á que están
acostumados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario