CHARLA SOBRE DEPORTES ACUÁTICOS
O xoves 25 de maio visitou a nosa biblioteca Cassio, monitor de Stand Up Paddel para darnos unha charla formativa sobre deportes acuáticos, concretamente o Paddel. Comentounos que existen poucas actividades nas que se exercite toda a musculatura sen impacto nas articulacións. a parte de ser divertida, é moi beneficiosa para a saúde.
En colaboración co Concello de Poio, deunos a oportunidade de practicar esta actividade da man de profesionais con moitos anos de experiencia.
Por certo, veu acompañado da súa mascota, a cal practica tamén deporte. Unha mascota cariñosa como poucas hai. Qué marabilla!!!
Aquí vos deixamos algunha foto dos momentos compartidos. Moitas grazas Cassio!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario