Poñemos un resumo de todos os traballiños que fixemos coa excuso da visita de Fina. Aínda seguirán expostos uns días para que os poidades ver en vivo.
▼
xoves, 31 de maio de 2018
OBRADOIROS DE ARTESÁNS EN INFANTIL
Este luns tivemos a sorte de ter un roteiro por auténticos artesáns da zona as nosas familias. Nais, avós, avoas... todo un luxo contar coa vosa presenza. Grazas á súa experiencia, ás súas explicacións e ao seu cariño fixeron deste roteiro un momento máxico.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR COLABORAR!!!
OBRADOIRO DE COCIÑA
OBRADOIRO DE AROMÁTICAS
OBRADOIRO DE COSTURA
OBRADOIRO DE BOLILLOS
OBRADOIRO DE CALCETA
OBRADOIRO DE PUNTO DE CRUZ
OBRADOIRO DE TRAPILLO
OBRADOIRO DE CESTERÍA
sábado, 26 de maio de 2018
OBRADOIRO "OS ESCRITORES"
Proxecto baseado no Programa Iberoamericano Escribir como lectores, organizado pola Asociación Española De Lectura E Escritura (AELE) e a Fundación SM, que pretende poñer a literatura ao alcance dos nenos e nenas e propón a organización de distintas prácticas de escritura arredor dunha obra de autor. Este ano, xunto co resto do cole, empregamos diferentes obras de Fina Casalderrey e nós, en infantil, eleximos O segredo de Zoe.
http://www.asociacionaele.com/project/escribir-como-lectores-de-una-obra-literaria/
Este proxecto terá como colofón o encontro dos nenos coa autora da obra, FINA CASALDERREY o 30 de maio de 2018.
CHARLA SOBRE DEPORTES ACUÁTICOS
O xoves 25 de maio visitou a nosa biblioteca Cassio, monitor de Stand Up Paddel para darnos unha charla formativa sobre deportes acuáticos, concretamente o Paddel. Comentounos que existen poucas actividades nas que se exercite toda a musculatura sen impacto nas articulacións. a parte de ser divertida, é moi beneficiosa para a saúde.
En colaboración co Concello de Poio, deunos a oportunidade de practicar esta actividade da man de profesionais con moitos anos de experiencia.
Por certo, veu acompañado da súa mascota, a cal practica tamén deporte. Unha mascota cariñosa como poucas hai. Qué marabilla!!!
Aquí vos deixamos algunha foto dos momentos compartidos. Moitas grazas Cassio!!!
venres, 25 de maio de 2018
MARTES CON ARTE:
KICKBOXING E ACROBACIAS
KICKBOXING E ACROBACIAS
Esta vez foron Leandro, Benjamín e Teo de 5º os encargados de facer a súa exposición de Kickboxing. Entre os tres fixeron un excelente exercicio de expresión oral con todo luxo de detalles. Ademais prepararon unha pequena exhibición das súas habilidades neste deporte.
Todos uns expertos!!!!
Todos uns expertos!!!!
Por outro lado, Tomás de 4º fixo algunhas acrobacias.
xoves, 24 de maio de 2018
SAÍDA AOS PETROGLIFOS
Xa temos o vídeo da saída que fixeron as nenas e os nenos de 1º e 2º para coñecer os petroglifos. Xa son todos uns expertos.
Agradecemos moitísimo ás familias que nos acompañaron na saída, en especial, a Manuel (pai de Sara de 1º) por compartir os seus coñecementos e a súa experiencia con tanta dedicación.
https://drive.google.com/file/d/1AAUqgUj3DrGMk0KuRwThcNTvp8licTh8/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1AAUqgUj3DrGMk0KuRwThcNTvp8licTh8/view?usp=sharing
venres, 18 de maio de 2018
ENQUISA ÁS FAMILIAS SOBRE A BIBLIOTECA ESCOLAR
Un ano mais, queremos coñecer a vosa opinión sobre o servizo da nosa biblioteca e así poder melloralo, así que vos pedimos uns minutiños para que cubrades esta enquisa. As vosas suxestións son importantes e axudarannos a mellorar a nosa labor.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
xoves, 17 de maio de 2018
FAMILIArízate coa BIBLIOTECA: CONTACONTOS
Unha vez mais contamos na biblioteca de Rabi coa colaboración de Cristina, tía de Sara de 5 anos, para contarnos un conto. Nesta ocasión escolleu un en galego e nada mais e nada menos que de Fina Casalderrey.
Coma sempre, grazas por colaborar Cristina.
mércores, 16 de maio de 2018
FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: CHARLA - OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO
Aquí tedes as fotos da visita de Daisy Alcalde axente e representante de igualdade de oportunidades, estivo con nós todo o día. Pola mañá con charlas e obradoiros para as nenas e nenos, e pola tarde cunha charla para profes e familias.
Despois da mesma fixemos un recorrido pola exposión "A muller galega en código QR" onde todos os cursos, así como algunhas especialiadades presentaron as súas investigacións en formato dixital.
Aquí vos deixamos os enlaces dos vídeos que podedes ver co código QR que temos no cole.
INFANTIL: Concepción Arenal
1ºA: Ánxeles Alvariño
1ºB: Chus Lago
2º: Maruja Mallo
4º: Isabel Zendal
luns, 14 de maio de 2018
FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: CONTACONTOS IN ENGLISH
Esta vez foi Cristina, a tía de Sara de 5 anos a que se ofreceu a contarnos un conto tradicional en inglés: The three little pigs.
Con atrezzo e todo... mirade, mirade.
Grazasssss Cristina.
domingo, 13 de maio de 2018
OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS CON JULIO FERRO
Unha vez mais tivemos a honra de contar, dentro do noso plan de formación, coa visita de Julio Ferro.
Julio acompañounos unha vez mais para facer das matemáticas un xogo. Desde os pequenos aos maiores desfrutamos observando, manipulando e, sobre todo, aprendendo.
Julio acompañounos unha vez mais para facer das matemáticas un xogo. Desde os pequenos aos maiores desfrutamos observando, manipulando e, sobre todo, aprendendo.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños.
MARTES CON ARTE:
VIOLÍN, BALLET, TAMBOR E BAILE DE 5º
Este martes foi un completo coas nenas de 5º. Noa D.G. tocou o violín, Lucía e Uxía bailaron e despois un baile as tres. A continuación, tocoulle a quenda a Alexandre co seu tambor. E por último, un baile en grupo.
Este ano... QUINTO MOLA.
Picade nas fotos para ver os vídeos
sábado, 12 de maio de 2018
FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: VISIÓN E APRENDIZAXE
Xa están aquí as fotos da charla de Patricia Lage, óptico optometrista e nai de Gabriel Areán de 3ºB e Iris Carolina de 3 anos sobre a importancia da visión na aprendizaxe.
martes, 8 de maio de 2018
PROGRAMA RADIO: EU CONTO, TI CANTAS
Os nenos e nenas de 3º traballamos na área de música o libro en verso Eu conto, ti cantas, de Mª Victoria Moreno.
Despois de ler os tres contos deste libro, fixemos un guión para elaborar o programa de radio. A continuación, gravamos e buscamos músicas para amenizar o noso programa.
Finalmente editámolo... e agora a escoitar esta recomendación lectora dos nenos e nenas de 3º.
sábado, 5 de maio de 2018
mércores, 2 de maio de 2018
DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2018
Este ano quixemos celebrar o Día do libro con pequenos detalles pero moi significativos.
Por un lado, decoramos como sempre a nosa entrada e escollemos as nosas músicas-timbre acorde co tema. E ademais cunha pequena actividade para investigar.
Ademais fixemos un mural con recomendacións de libros por parte de toda a comunidade educativa.
E por último, durante toda a semana do 23 ao 27 de abril adicamos un momento especial despois das músicas-timbre á lectura de pequenos fragmentos de libros escollidos polos nenos e nenas a través da megafonía do cole.
Picade na foto para ver mais
Por outra banda, a ANPA quixo homenaxear o Día do libro regalándonos unha rosa a nenos/as e profes.
Moitas grazas por este detalle tan fermoso.
Picade na foto para ver mais