xoves, 29 de xuño de 2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS: PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Ó longo do presente curso o alumnado dos diferentes cursos gozou de xornadas de promoción da actividade física e dun estilo de vida activo e deportivo. Esta é unha pequena mostra de algunhas das actividades realizadas:

PASO DA VOLTA CICLISTA POR COMBARRO

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º baixan a animar aos ciclistas da volta no seu paso por Combarro.

 

VISITA DE VICTOR RIOBÓ A TRAVÉS DA FUNDACIÓN PHO3NIX

Visitounos o atleta Victor Riobó para realizar diferentes probas deportivas co obxectivo de fomentar a práctica deportiva no tempo de lecer, recibimos así mesmo o vídeo de Javier Gómez Noya, embaixador de dita fundación o cal nos dou moi bos consellos.

 

PRESENTACIÓN DO EQUIPO CICLISTA SUPERFROIZ DE POIO

O Alumnado de 2º e 3º de primaria foron dando un bonito paseo dende o cole ata a Praza da Chousa na que gozaron da presentación dos ciclistas do equipo Superfroiz e recibiron agasallos.

 

CAMPIONATO DE TENIS DE MESA E VISITA DE MIGUEL DA FEDERACIÓN

O presente curso celebramos o segundo campionato de tenis de mesa con unha gran afición que medra en Chancelas cada ano. Para a gran final contamos cun árbitro profesional, xa que ese día visitounos Miguel, adestrador e seleccionador da Federación Galega de Tenis de Mesa, o cal nos dou trucos e nocións básicas para iniciarnos na práctica deste deporte e logo foi o árbitro dos partidos da final.

 

EXCURSIÓN VOLUNTARIADO PATIO E BIBLIO

O alumnado de 5º e 6º dentro do programa de voluntariado de patio e biblioteca tiveron o privilexio de gozar dunha xornada de xogos acuáticos no Aquapark de Cerceda. Que ben o pasamos! Foi unha recompensa moi merecida xa que a súa labor é moi importante para o bo funcionamento dos patios e a biblioteca.

 

 


FESTA DA AUGA

O alumnado de 4º, 5º e 6º gozaron dunha xornada de xogos acuáticos para pechar o curso, contribuíndo así ó proxecto "Apertas a mares". Que ben o pasamos, alumnado e profes acabamos o curso ben fresquiños!

Ningún comentario:

Publicar un comentario