A Semente Trasancos honra a memoria do ilustre polígrafo ferrolano coa difusión do primeiro poema en língua galega titulado "A Galiza". Este texto foi publicado na revista "Maruxa" no día 20 de decembro de 1925. Carvalho Calero tiña quince anos. Ate este momento esta cantiga ficara inédita. Grazas á colaboración de Vitor Santalha e de José María Dobarro podemos compartila neste Día das Letras Galegas 2020. O vídeo "A Galiza, o primeiro poema en lígua galega de Ricardo Carvalho Calero" foi realizado coa dirección técnica de Bruno L. Teixeiro e recitado por Omar Calderón Yañez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario