Hoxe no Día da Non Violencia e a Paz queremos agasasarvos co Proxecto que realizamos coa colaboración de toda a Comunidade Educativa: A LENDA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS.
"Unha lenda xaponesa di que se fas mil grúas de papel, o teu maior desexo farase realidade".
No cole traballamos esta lenda a través da:
- Creación de HAIKUS: Xénero literario de orixe xaponés escrito en 3 versos sen rima, facendo referencia a escenes da natureza ou da vida cotiá.
- DECORACIÓN DE PORTAS contando a historia de Sadako partindo da proposta da Casa Rosada polo Día da Paz.
- PEZA MUSICAL 4º de Primaria, na especialidade de música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario