venres, 30 de abril de 2021

FELIZ DÍA DOS MAIOS

Un ano mais quixemos celebrar o Día de "Os Maios" facendo o noso particular Maio, tocando os palitroques e cantando coplas sobre as nosas anécdotas neste ano tan peculiar.

Queremos agradecer a todas as familias pola gran participación aportando unha morea de fiuncho, flores, ovos, laranxas... 

PREMER NA FOTO PARA VER MAIS

luns, 26 de abril de 2021

ALMORZO SAUDABLE 5 ANOS

Aquí vos deixamos un resumo da merenda saudable, na aula de 5 anos, coa que nos agasallaron desde a Casa Rosada do Concello de Poio pola participación no concurso de decoración de Portas pola Paz

Desde aquí agradecemos a implicación e o agarimo das nosas compañeiras da Casa Rosada.

domingo, 25 de abril de 2021

OBRADOIROS DE POESÍA CON MARÍA LADO - Día da Poesía

María Lado María Lado, escritora e actriz galega visitou a Biblio de Rabi co gallo do Día da Poesía para facer uns obradoiros co noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Este é o video do seu paso pola biblio de Rabi.
   

Tamén antes de marchar Miguel García, Valentín, Aymar e Matías fixéronlle unha entrevista en Radio Chancelas.

Gracias pola túa visita María, desfrutamos moito da poesía, volve cando queiras!

sábado, 24 de abril de 2021

DESDE CASA TAMÉN APADRIÑAMOS LECTURAS

Desde as casas tamén nos están chegando os vídeos e fotos dos vosos apadriñamentos. Moitas grazas por participar. 

PREMEDE NA FOTO PARA VER MAIS

MAIS BOOKTUBERS

Xa están chegando mais Booktubers desde casa.  Desde o Equipo de Biblioteca e Dinamización da Língua queremos agradecer enormemente a participación nesta actividade.

venres, 23 de abril de 2021

martes, 20 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Aquí vos deixamos a proposta de Rabi para o Día do Libro. Lembrade que podedes enviar os vídeos das recomendacións e/ou fotos dos apadriñamentos lectores ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliorabbi@gmail.com

sábado, 17 de abril de 2021

MARTES CON ARTE: BAILE CANDELA E DANIELA 4º

Daniela e Candela de 4º quixeron deileitarnos con dous bailes nos que puxeron moito empeño. Nótase que ensaiaron moito. Noraboa polo resultado!!!

PREME NA FOTO PARA VER MAIS

xoves, 15 de abril de 2021

sábado, 10 de abril de 2021

OBRADOIRO DE POESÍA CON MARÍA LADO

Queremos desde o cole agradecer a visita da escritora María Lado Lariño e polo precioso obradoiro que fixo co alumnado de 5º e 6º.