Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións

sábado, 3 de maio de 2025

EXPOSICIÓN E VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Por fin chegou o día e recibimos a visita tan esperada de Antonio García Teijeiro despois de traballar as súas obras durante todo o curso. Recibímolo a ritmo de jazz coa colaboración especial de Rosolino Marinello, pai de Selene de 3º de primaria.

mércores, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO E VISITA DE EVA MEJUTO

Este ano tivemos a sorte de celebrar o Día do libro coa visita de Eva Mejuto. O alumnado acolleuna con moita emoción despois de levar todo o curso traballando as súas obras, especialmente o libro O día que choveron gatos.




xoves, 28 de abril de 2022

Día Mundial do Libro

Este ano participamos do Día Mundial do Libro xunto coa Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia cun fermoso video.


O texto deste ano escrito por Xosé Ballesteros foi lido e interpretado por Leo (3 anos), Olivia (4 anos), Paola (5 anos), Leo (1º EP), Sabela (2º EP), Ulises e Carmen (3º EP), Juanse (4ºA), Sara (4ºB), Jimena (5º), Miguel e Mateo (6º). Actriz: Vera (5 anos)

sábado, 8 de maio de 2021

BOOKTUBERS NA BIBLIO

E por fin, xa esta´n listos todos os booktubers que se achegaron á biblioteca o Día do libro para facer a súa recomendación.

sábado, 24 de abril de 2021

DESDE CASA TAMÉN APADRIÑAMOS LECTURAS

Desde as casas tamén nos están chegando os vídeos e fotos dos vosos apadriñamentos. Moitas grazas por participar. 

PREMEDE NA FOTO PARA VER MAIS

MAIS BOOKTUBERS

Xa están chegando mais Booktubers desde casa.  Desde o Equipo de Biblioteca e Dinamización da Língua queremos agradecer enormemente a participación nesta actividade.

venres, 23 de abril de 2021

martes, 20 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Aquí vos deixamos a proposta de Rabi para o Día do Libro. Lembrade que podedes enviar os vídeos das recomendacións e/ou fotos dos apadriñamentos lectores ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliorabbi@gmail.com

venres, 24 de abril de 2020

APADRIÑAMENTOS LECTORES "DE ANDAR POR CASA"

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos Apadriñamentos Lectores de "Andar por Casa". Moitas grazas por participar.

Picade na foto para ver mais

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DEL LIBRO

Todos os mestres e mestras do colexio de Chancelas queriamos celebrar o Día do Libro coa interpretación dun conto, "O Fío" de Gracia Iglesias e Rosa Osuna.

Queremos compartilo con todos vós, especialmente cos vosos fillos e fillas para lembrarvos que aínda que lonxe, cada un desde as nosas casas, seguimos estando cerca. Cerca para o que precisedes neste momento de incertidume e preocupación que realmente nunca pensamos vivir.

Desexamos que todos vos atopedes ben de saúde e ánimo.

E non vos esquezades que podedes celebrar este día cun Apadriñamento lector, como acostumamos a facer no cole, para así poder disfrutar en familia de lecturas agradables. Estaremos encantados de recibir FOTOS ou VÍDEOS destes momentos tan especiais no apartade de Biblioteca da Aula virtual.

O equipo de mestres vos desexa:

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!

luns, 6 de maio de 2019

DÍA DO LIBRO:
APADRIÑAMENTO LECTOR

Co gallo do Día do libro, realizamos co xa é habitual os nosos apadriñamentos lectores. Ésta é unha actividade que lles encanta tanto maiores coma a pequenos. Este ano foi un día un pouco pasado por auga, así que decidimos non arriscar e realizalos dentro do cole, cada un no seu recanto preferido.

Picade na foto para ver mais

mércores, 2 de maio de 2018

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2018

Este ano quixemos celebrar o Día do libro con pequenos detalles pero moi significativos.

Por un lado, decoramos como sempre a nosa entrada e escollemos as nosas músicas-timbre acorde co tema. E ademais cunha pequena actividade para investigar.




 

Ademais fixemos un mural con recomendacións de libros por parte de toda a comunidade educativa.


E por último, durante toda a semana do 23 ao 27 de abril adicamos un momento especial despois das músicas-timbre á lectura de pequenos fragmentos de libros escollidos polos nenos e nenas a través da megafonía do cole.

Picade na foto para ver mais

Por outra banda, a ANPA quixo homenaxear o Día do libro regalándonos unha rosa a nenos/as e profes. 

Moitas grazas por este detalle tan fermoso.

Picade na foto para ver mais