sábado, 27 de maio de 2017

ENQUISA SOBRE A HORA DE LER PARA O ALUMNADO

Agora tócalle a quenda aos Chancelotes. Este ano implantamos a hora de ler no noso cole, actividade que funciona moi moi ben noutros centros. 

A ver que opinan os rapaces dela?

Deixarémola colgada ata o 2 de xuño.


SUSA HERRERA DE PASO POR CHANCELAS

Este venres tivemos a visita de Susa Herrera para presentarnos o seu novo libro, En Cabárceno se sigue cantando. Non paramos de bailarrrrrr.


DÍA DAS LETRAS GALEGAS E POLO CORREO DO VENTO

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, e grazas á proposta do Equipo de Dinamización Lingüística do cole, viñeron a visitarnos "Polo correo do vento". Fixéronnos un contacontos e un obradoiro de ilustración sobre Carlos Casares.Picade na foto para ver mais


xoves, 18 de maio de 2017

ENQUISA SOBRE A BIBLIOTECA ESCOLAR PARA AS FAMILIAS 

Queremos coñecer a vosa opinión sobre o servizo da nosa biblioteca e así poder melloralo, así que vos pedimos uns minutiños para que cubrades esta enquisa. As vosas suxestións son importantes e axudarannos a mellorar a nosa labor.

Moitas grazas pola vosa colaboración.