martes, 31 de decembro de 2019

FESTIVAL DE NADAL

Para os que non puideron ver a actuación do Festival de Nadal, aquí tedes algúns vídeos do ensaio.

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5ºA PRIMARIA

5ºB PRIMARIA

6º PRIMARIA

venres, 20 de decembro de 2019

xoves, 12 de decembro de 2019

MARTES CON ARTE: BAILE
MARÍA 6º, JANNA DE 5ºA E SABELA, DANIEL, BRAIS, ANA, MARTA E SARA DE 5ºB

Este martes con arte si que resultou curioso. Houbo nenos e nenas, de 5º e de 6º, algúns dos mais tímidos. Todo un reto. E o resultado foi este...


25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Aquí vos deixamos algunhas fotos deste día onde unha vez máis reivindicamos a loita contra a violencia á muller.

Picade na foto para ver mais
PRIMEIRA SESIÓN DE CINE NA BIBLIO: CHAPLIN EN "TEMPOS MODERNOS"

Aquí tedes as fotos da primeira sesión de VENRES de CINE na biblio. E que mellor forma de comezar que cun fragmento de CHAPLIN en Tempos Modernos.

Picade na foto para ver mais
RECREOS NOS DÍAS DE CHOIVA

Grazas á formación dos voluntarios de patio e á introdución de xogos máis inclusivos, os recreos nos días de choiva son mais levadeiros.

Picade na foto para ver mais
OBRADOIRO DE CONVIVENCIA

Seguindo coa formación deste curso en convivencia escolar, un dos pasos desta é o de realizar un obradoiro de mediación entre iguais. Despois de seleccionar aos voluntarios mais experimentados e constantes (de 5º e 6º) xunto cunha representación da nova xeración de voluntarios (de 4º), convidamos a Raquel Pedrouso unha vez mais para axudarnos nesta tarefa co voluntariado.

Aínda que todos os voluntarios non puideron estar, a idea é que os que xa recibiron esta formación trasladen estes aprendizaxes aos seus compañeiros e compañeiras. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos das 3 sesións con Raquel, unha experiencia que lles servirá ao alumnado para reolución de conflictos dentro e fóra de ámbito escolar.

Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE: XIMNASIA ACROBÁTICA

ESPECTACULAR!!! Esta foi a palabra mais repetida no neste mARTEs con ARTE de Vega de 3º. Ensinounos un vídeo dunha das súas exhibicións e despois fixo unha demostración das súas habilidades como ximnasta acrobática. 

Todo un gusto ver a Vega neste deporte tan duro. Noraboa!!

 


Picade na foto para ver mais
3ª ASEMBLEA DE CONVIVENCIA

Continuamos coa 3º asemblea de convivencia. Esta vez, aínda que houbo maioría na norma de MANTER O NOSO COLE LIMPO E ORDENADO, viuse algún voto negativo, polo que podemos seguir mellorando un pouquiño máis.

Aínda así, presentamos a seguinte norma: ACTUAMOS CONTRA AS INXUSTIZAR E/OU PEDIMOS AXUDA. Esperemos que esta norma a consigamos por unanimidade.

Picade na foto para ver mais
MÚSICA-TIMBRE NO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


sábado, 7 de decembro de 2019

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA


Continuando coa nosa formación de usuarios, os nenos e nenas de 5 anos e 5º de Primaria visitaron, como en anos anteriores, a Biblioteca Pública de Pontevedra. Ademais os maiores quixeron aproveitar a viaxe e foron visitar a exposición de Picasso: A viaxe do Guernica.


Picade na foto para ver mais

venres, 22 de novembro de 2019

BRIGADA ANTIPLÁSTICO

Seguindo coa nosa terceira norma de convivencia: COIDAMOS E MANTEMOS LIMPO O NOSO ENTORNO, e tendo en conta o noso compromiso de reducir plásticos, creouse espontáneamente unha BRIGADA VERDE ANTIPLÁSTICO que percorreu o patio na procura de lixo. 
E aquí tedes algunhas das colaboradoras e o resultado da súa labor.

FORMACIÓN DOS PROFES EN CINE CON... SERGIO CLAVERO

Durante a nosa vida nunca deixamos de aprender, incluso unha vez que rematamos no sistema educativo, continuamos adquirindo coñecementos, habilidades, valores... Por todo isto, os profes do cole continuamos co noso Plan de Formación, esta vez, sobre o tema do PDI deste curso: o CINE.

Tivemos a visita de Sergio Clavero, especialista en arte e creación audiovisual. Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco na especialidade de Audiovisuais. Productor e director de cortometraxes, vídeos musicais e publicidade, en especial no campo da animación. Actualmente é profesor de secundaria na especialidade de Debuxo no IES de Cacheiras e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Creador e responsable do proxecto educativo Aturuxo Films que recibiu numerosos recoñecementos como o Premio de Alfabetización Audiovisual 2014 do Ministerio de Educación ou o CISS PRAXIS de Cadernos de Pedagoxía á labor docente.

E con isto non hai mais que dicir, foi un luxo contar coa presenza de Sergio Clavero e disfrutar coas súas palabras.


Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE: "MAXIA"

No noso cole temos moitos artistas: cantantes, bailaríns, deportistas, actores... pero ainda non tiveramos un mARTEs con ARTE de Maxia. Pero sempre hai unha primeira vez para todo e vaia coas artistas desta actuación, tivéronnos a todos e todas encandilados.

ABRACADABRA PATA DE CABRA
CON ESTAS NENAS DE 5º
DEIXÁMOSVOS SEN PALABRAS



Picade na foto para ver mais

luns, 18 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Este ano tivemos un magosto pasado por auga polo que non puidemos facer os nosos xogos tradicionais. Foi unha pena, pero o tempo non puido quitarnos as ganas de comer castañas asadas.

Grazas a todas persoas que se acercaron a axudar na castañada e a acercar aos nosos nenos e nenas a esta festa tradicional galega.

Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE:
PANDEIRETA CON IRIA E DANIELA

Este curso estrenamos o noso mARTEs con ARTE cun dúo de luxo, Iria e Daniela, que nos fixeron unha mostra de cante e baile tradicional, desde pandeireta e cunchas ata baile. TODAS UNHAS EXPERTAS.



Picade na foto para ver mais

mércores, 30 de outubro de 2019

COIDADO AO ENTRAR NO COLE... HAI FESTA DE SAMAÍN

Neste Samaín tivemos unha xornada moi completa: traballamos, xogamos, bailamos e nos divertimos... e ademais tivemos a visita de Patt Skiner que nos fixo un contaconto bilingüe... de medo.

Ademais as nenas e nenos de 6º de Primaria interpretaron a lenda da lavandeira e o resultado foi ESPECTACULAR. Moi bo traballo, 6º mola, 6º mola...

Picade nas fotos para ver mais

DECORANDO PARA O GRAN DÍA

Xa está case todo preparado para o gran día. O cole está quedando TERRORÍFICO!!!!!

Picade na foto para ver mais
RECOMENDACIÓNS LECTORAS TERRORÍFICAS!!!!!

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras escollidas polos nosos voluntarios de biblioteca.


domingo, 27 de outubro de 2019

HOXE VISÍTANOS... ANXO MOURE E A SÚA CINECLETA

Facía xa uns anos que non tiñamos o gusto de desfrutar coas contadas de ANXO MOURE e por fin... chegou o gran día. Co gallo de conmemorar o Día das Bibliotecas e, aproveitando o novo invento de Anxo, a CINECLETA, puidemos facer un repaso moi orixinal sobre a historia do CINE.

Ademais das fotos deste día, deixamos tamén uns enlaces por si queredes coñecer mais a fondo o proxecto de ANXO MOURE.

https://www.facebook.com/contosolidarios/
https://www.contosolidarios.org/

Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Contos Solidarios leva xa máis de 6.600 sesións de contacontos en perto de 1.200 centros escolares, bibliotecas, e tamén en espazos abertos como bosques, parques, prazas, ríos... superando xa os 300.000 participantes, dende nenas e nenos de 0 a 3 anos ata nenos maiores de ata 100 anos.

Contos Solidarios transforma o conto en solidariedade coa entrega de bicicletas e material escolar en proxectos de cooperación en máis de 30 países de América Latina, Asia e África.

Contos Solidarios é unha proposta aberta a todas e todos os que queirades participar a través dun feixe de actividades diversas, dende achegarvos a escoitar un contiño enriba dunha árbore dentro dos Contos na Casa das Árbores, coñecer aos carballos que nacen dentro de botas vellas para transformarse en contos que lle dean vida ao bosque das historias do Carballo con Botas, ata convidar á Cliclobiblioteca á vosa escola, vila, pobo ou mesmo á vosa casa para que roden contos e cantos e se espallen en liberdade.


Convidámosvos pois a que entredes no mundo dos Contos Solidarios.


MOITAS GRAZAS ANXO, VOLVE PRONTO

Picade nas fotos para ver mais

ANXO CON INFANTIL

ANXO CON 1º, 2º e 3º

ANXO CON 4º,5º e 6º
BIBLIOTECAS DE PELÍCULA

Despois de moito investigar, aquí tedes algunha das respostas que deron os rapaces e rapazas sobre o xogo proposto por RABI onde tiñan que investigar sobre películas onde apareceran BIBLIOTECAS.

Picade na foto para ver mais fotos
ENTRADA E MÚSICA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta foi a decoración da entrada no Día das Bibliotecas onde incluimos cartel feito polo voluntariado, expositor sobre a visita de Anxo Moure, recomendacións lectoras e música timbre para este día tan especial.

Picade na foto para ver mais fotos

venres, 25 de outubro de 2019

VÍDEO RESUMO DO 
CURSO 2018 - 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como nestes últimos cursos, para conmemorar o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, realizamos unha actividade moi bonita chamada APADRIÑAMENTO LECTOR. 

A través desta actividade os padriños e madriñas (3º a 6º) cóntanlle un conto aos pequenos (infantil, 1º e 2º).

Este ano estivo un pouco pasado por auga, así que non puidemos desfrutar do aire libre. Aínda así cada parella lectora buscou o seu recuncho favorito para desfrutar dunha agradable lectura.

Picade na foto para ver mais fotos

Ademais con tal motivo, convidamos tamén ás familias a visitar a nosa biblioteca e coñecer o funcionamento da mesma. Ademais puidemos desfrutar dun vídeo resumo das actividades realizadas o curso pasado.

Picade na foto para ver mais fotos
PREPARANDO O CARTEL DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Xa case está todo preparado para o gran día, soamente quedan uns retoques... e listo.


VOLUNTARIADO DE PATIO

A biblioteca está a pleno funcionamento, pero o patio non se queda atrás. Aquí vos deixamos unhas fotos do voluntariado de patio que tamén fai un traballo espectacular de cara a mellorar a convivencia nos recreos.

Picade na foto para ver mais fotos
BIBLIOTECAS DE PELÍCULA

Comezamos cos xogos de investigación de RABI, e que mellor estreno que pescudando información sobre as bibliotecas das películas. Aquí tedes a carta que lles mandou RABI aos nenos de Primaria.

 

2ª ASEMBLEA DE CONVIVENCIA

Chegou a segunda asemblea de convivencia e, con ela, a avaliación da segunda norma: FALAMOS CON PALABRAS BONITAS E NUN TON AXEITADO. Pero cal foi o noso disgusto que non superamos este segundo reto. Queda pendiente xunto coa 3º norma: COIDAMOS E MANTEMOS O NOSO COLE LIMPO E ORDENADO.

Esperemos que esta vez superemos o reto e recuperemos a estrela do anterior. Seguro que sí.

Picade na foto para ver mais fotos
EN OUTUBRO COMEZAMOS COS PRÉSTAMOS

O noso voluntariado xa está mans á obra. Na nosa biblioteca estamos a pleno funcionamento.

Picade na foto para ver mais fotos

venres, 18 de outubro de 2019

HORA DE LER CON TITORIZACIÓN LECTORA

Definitivamente, o recanto de lectura debaixo das escaleiras foi todo un éxito. Alí se xuntan varios niveis e intercambian lecturas.

Picade na foto para ver mais fotos
PRIMEIROS RECREOS NA BIBLIOTECA

A partir do 1 de outubro comezou a funcionar a biblioteca a toda máquina e, con ela, o servizo de PRÉSTAMO e o noso ESPAZO CREATIVO. Aquí vos deixamos algúns momentos do recreo.

Pica na foto para ver mais

venres, 11 de outubro de 2019

1ª XUNTANZA XERAL DE CONVIVENCIA

Este luns celebramos a primeira asemblea de convivencia, na que alumnos e mestres avaliamos o RETO desta primeira quincena: "MOVÉMONOS AXEITADAMENTE EN CADA LUGAR". Reto que foi superado, polo que o alumnado puido desfrutar dun pequeno recreo extra.

Ademais tamén aproveitamos para presentar o segundo reto para esta quincena: "FALAMOS CON PALABRAS BONITAS E NUN TON ADECUADO". 

A ver como vai esta segunda norma... Xa vos contaremos.

Picade na foto para ver mais fotos
RETO: NORMAS DE CONVIVENCIA

NESTE COLE...

1. MOVÉMONOS AXEITADAMENTE EN CADA LUGAR

2. FALAMOS CON PALABRAS BONITAS NUN TON ADECUADO

3. COIDAMOS E MANTEMOS O NOSO COLE LIMPO E ORDENADO

4. ACTUAMOS ANTE AS INXUSTICIAS OU PEDIMOS AXUDA

5. RESPECTAMOS E COIDAMOS AOS QUE NOS RODEAN


6. ESCOITAMOS CON ATENCIÓN E RESPECTAMOS A QUENDA DE PALABRA

7. SOMOS PUNTUAIS

8. SOMOS UN EQUIPO E CONVIVIMOS COMO TAL

Estas serán as regras dos retos de convivencia:

1. Asemblea xeral cada quincena (profes e alumnos) na entrada do cole para valoración da norma (conseguida ou non) e presentación da seguinte.

2. Sistema de valoración: cada quincena un curso será o encargado de lembrar, aconsellar e valorar aos alumnos dos outros cursos. Haberá un curso encargado na planta baixa - zona primaria, outro na zona de infantil e outro na planta alta.

3. Consecuencias de conseguir ou non o reto:

- Reto superado: estrela dourada e recreo extra para os cursos que o consigan.
- Reto non superado: non se conseguirá a estrela dourada, polo que non poderán desfrutar do recreo extra e acumularán o reto para a vindeira quincena.

Queremos compartir todo isto con vos porque pensamos que sería moito máis productivo se desde casa tamén se traballaran as mesmas normas.

Grazas pola vosa colaboración.
MÚSICA TIMBRE ADICADA AO CIRCO

 

 
AS MOCHILAS... COMEZAN A VIAXARRRRRRR

Arrancamos outubro poñendo en marcha as mochilas viaxeiras. Os encargados de repartilas polas aulas foron os nosos voluntarios. Mirade que cargadiños van.

Picade na foto para ver mais fotos

1ª XUNTANZA DE DELEGADOS. NORMAS DE CONVIVENCIA

Este curso en Chancelas propuxémoslles aos nenos e nenas consensuar entre todos unhas normas de convivencia. Cada clase falou das que mais importantes lles parecían e despois, na xuntanza de delegados, elaboramos a lista de normas que nos vai guiar ao longo do curso.

Picade na foto para ver mais fotos

HORA DE LER... TEMPO DE RELAX

Aquí tedes aos maiores de infantil desfrutando dun momento de tranquilidade con música de fondo e un libro nas mans. 

Non se pode pedir mais.

Picade na foto para ver mais fotos
MÚSICAS TIMBRE - FESTIVAL DE CINE EN SAN SEBASTIAN

Xa arrancamos o curso e unha das primeiras músicas timbre propostas por Rabi foron estas: