Ó longo do presente curso o alumnado dos diferentes cursos gozou de xornadas de promoción da actividade física e dun estilo de vida activo e deportivo. Esta é unha pequena mostra de algunhas das actividades realizadas:
VISITA EQUIPO DE BALONMÁN POIO ARTAY
O alumnado de primaria gozou dunha sesión de xogos de iniciación ó balonmán da man dun adestrador do equipo de balonmán Poio Artay.
XOGOS POPULARES
O alumnado de todo o cole realizou unha xornada de xogos populares no magosto, o alumnado de 6º fixo o monitorado dos xogos de xeito voluntario, e que ben o fixeron. Pasámolo xenial!
COÑECEMOS DISTINTAS MODALIDADES DEPORTIVAS DA MAN DOS CLUBES DA CONTORNA A TRAVÉS DA AGRUPACIÓN ADESPONT
A ESGRIMA
Ademais participamos en 8 xornadas intercentros con outros colexios da contorna para practicar deportes adaptados, salvamento, piragüísmo dragóns, atletismo, RCP así como as modalidades deportivas que xa foron introducidas na sesión realizada no centro escolar.
EXCURSIÓN VOLUNTARIADO: KITE SURF
O alumnado de 5º e 6º dentro do programa de voluntariado de patio e biblioteca tiveron o privilexio de gozar dunha xornada coa escola Kite Galicia na que recibiron nocións básicas de kitesurf e padel surf ademáis de facer xogos na praia e coidar a nosa contorna.
EXCURSIÓN Á PRAIA
O alumnado de 1º gozou dunha xornada de xogos, merenda e baño na praia da Canteira, como peche das actividades do presente curso.
RECREOS ACTIVOS
Nos recreos contamos con gran variedade de material de préstamo que os voluntarios reparten cada día gozando así dun tempo de lecer máis activo e divertido. Ademais, realizamos torneos coma o de tenis de mesa, todo un clásico xa en Chancelas que sigue gozando coa mesma motivación cada ano pero cada vez con máis nivel entre os participantes.
Tras un ano cargadiño de actividade física, esperamos que gocedes do verán!























