xoves, 20 de decembro de 2018

DECORACIÓN NAVIDEÑA E LITERARIA

Coas festas do Nadal enriba aproveitamos as escaleiras do cole e o novo punto de lectura para poñer o noso toque navideño con algúns dos contos de Nadal da nosa biblioteca. Ademais adornamos a árbore cos nosos desexos navideños.


mércores, 19 de decembro de 2018

FAMILIArízate coa BIBLIOTECA: XOGUETES ALTERNATIVOS

Un ano mais continuamos coa nosa sección de FAMILIArízate coa BIBLIOTECA. Comezamos cun obradoiro de Xoguetes Alternativos coa iniciativa de duas das nosas nais voluntarias Sonia García (nai de Huho B. de 4º) e Rebeca Quintillán (nai de Enzo F. de 5 anos). 
Moitísimas grazas ás nosas mamás voluntarias e tamén ao resto das familias coas que puidemos disfrutar dunha tarde moi divertida.

martes, 18 de decembro de 2018

MARTES CON ARTE:
SARAY E O BODY JUMP

Aquí temos a nosa segunda sesión de mARTEs con ARTE da man de Saray de 5º explicándonos como vai iso do Body Jump. Esperemos que vos guste.

domingo, 16 de decembro de 2018

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 3º e 5º de primaria foron de excursión á Biblioteca Pública de Pontevedra. Despois de explicarnos a organización e funcionamento da biblioteca fixemos un xogo, os de 3º xogaron a un trivial xigante e os de 5º un de experimentos. Pasámolo xenial!!!!

domingo, 9 de decembro de 2018

MÚSICA TIMBRE
KENNY G

MARTES CON ARTE:
BAILANDO CON VIOLINES

E por fin, estrenamos o noso primeiro "mARTEs con ARTE" deste curso coas nosas violinistas favoritas, Sabela e Noa D.T., e a nosa espectacular bailarina, Lucía de 6º. 
Unha actuación preciosa e con moito esforzo detrás.

Picade na foto para ver mais

sábado, 1 de decembro de 2018

FAMILIArízate coa BIBLIOTECA: "CONSTRUIMOS MATEMÁTICAS"

Arrancamos as nosas actividades polas tardes cun obradoiro de matemáticas impartido por profesorado do centro. Acudiu unha morea de familias interesadas no tema. Resultou unha tarde do mais interesante.

2ª XUNTANZA DE DELEGADOS

Como unha boa escola democrática, xa celebramos a nosa segunda xuntanza do que levamos de curso. Nesta falamos dos seguintes puntos:

  • Avaliación da festa do Magosto.
  • Contos por Nadal.
  • Establecemento de normas de patio para os días de choiva.
  • Recordatorio de normas de xogos de biblioteca.
Aquí vos deixamos algunhas fotos.