Amosando publicacións coa etiqueta PATIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PATIO. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de xuño de 2024

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA: ACTIVIDADES CURSO 23-24

Ó longo do presente curso o alumnado dos diferentes cursos gozou de xornadas de promoción da actividade física e dun estilo de vida activo e deportivo. Esta é unha pequena mostra de algunhas das actividades realizadas:


VISITA EQUIPO DE BALONMÁN POIO ARTAY

O alumnado de primaria goza dunha sesión de xogos de iniciación ó balonmán da man dos adestradores do equipo de balonmán Poio Artay.







XOGOS POPULARES

O alumnado de todo o cole realizou diversas xornadas de xogos populares en datas como o magosto ou as letras galegas. No magosto, o alumnado de 6º fixo o monitorado dos xogos de xeito voluntario, e que ben nos ensinaron todos os xogos. Pasámolo xenial.





 

XOGADE: XOGOS INTERCENTROS

O alumnado de 5º e 6º visitou o CEIP Marcos da Portela de Monteporreiro para vivir unha xornada de convivencia na que practicaron distintos xogos deportivos en equipos mixtos e mesturados dos dous centros así como unha merenda conxunta para favorecer as relacións sociais entre os nenos e nenas de ambos centros.




 
AVISTAMENTO DE AVES E SENDEIRISMO

O alumnado de 3º gozou dunha saída á contorna de A Seca en Poio para observar e aprender a diferenciar gran diversidade de aves de distintas especies, realizar sendeirismo e xogos no medio natural.







ORIENTACIÓN NA ILLA DAS ESCULTURAS

O alumnado de 6º gozou dunha xornada na que se realizou unha carreira de orientación na Illa das Esculturas de Pontevedra xunto co alumnado de outros centros.





 

ATLETISMO

O alumnado de 4º de primaria visitou o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para realizar unha xornada de experimentación de distintas disciplinas atléticas xunto co alumnado de outros tres colexios. 






PIRAGÜÍSMO DRAGÓNS

O Alumnado de 5º e 6º experimentou a disciplina de piragüísmo dragóns, os de 6º foron ó Pontillón do Castro e os 5º gozaron de dúas xornadas unha de técnicas básicas polo río Lérez e outra de dragóns combinada con xogos na area na praia fluvial do río Lérez na que tamén participaron os alumnos e alumnas de outros centros.







VISITA DOS ADESTRADORES DO CLUBE DE TENIS DE MESA DE MONTEPORREIRO E SAÍDA Ó PAVILLÓN PRINCIPE FELIPE

O alumnado de 4º gozou dunha xornada no colexio cos adestradores do clube de Monteporreiro na que nos dou trucos e instrucións básicas para iniciarse no tenis de mesa ou ampliar coñecementos para logo poñer en práctica nunha xornada no centro Principe Felipe xunto co alumnado do colexio Isidora Riestra.

EXCURSIÓN VOLUNTARIADO: KITE SURF

 O alumnado de 6º dentro do programa de voluntariado de patio e biblioteca tiveron o privilexio de gozar dunha xornada na que recibiron nocións básicas de kitesurf así como de padel surf ademáis de facer xogos na praia.







PIRAGÜÍSMO

 O alumnado de 3º de primaria gozou dunha xornada de experimentación do piragüísmo en colaboración co clube Piragüísmo Poio con sede na nosa localidade. Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas, logo aproveitando o bo tempo fomos a xogar á praia e darnos un merecido baño.

                     




Ademais tivemos dous CAMPIONATOS, o de xadrez que foi novidade este ano contando cunha gran acollida e participación de todos os cursos de primaria e o de tenis de mesa que cada ano gaña mais afición no cole creando un ambiente de competición sana e compañeirismo entre público e participantes.
 Todo un éxito nos recreos de Chancelas!




Nos recreos ademáis dos campionatos temos gran variedade de material de préstamo que os voluntarios repartían cada día nos recreos gozando así dun tempo de lecer máis activo e divertido.



TRAS TODAS ESTAS ACTIVIDADES SÓ NOS QUEDA DESCANSAR E GOZAR DA PRAIA E O VERÁN!



luns, 16 de outubro de 2023

VOLUNTARIADO E XOGOS DE PATIO

Este voluntariado leva un percorrido de 8 anos, pero fai catro cursos que se estableceu como grupo formal de mediadores. Os seus inicios, tiñan o obxectivo de favorecer a creación de patios inclusivos e puxemos o acento en 4 puntos clave: participación, inclusión social, igualdade de xénero, e sostenibilidade ambiental. Despois de analizar algunhas premisas como estas: o uso que se facía do patio en función do sexo e da idade do alumnado, as actividades realizadas, a división das zonas, a accesibilidade dos diferentes espazos, o contacto coa natureza... formouse un equipo de voluntarios de patio. Despois de recibir formación da responsable da biblioteca e a mestra de Educación Física estableceuse un calendario anual onde o alumnado foi rotando quincenalmente.

venres, 6 de maio de 2022

PLANTACIÓN DE ÁRBORES EN CHANCELAS

Grazas ao Proxecto de Eroski/Vegalsa "UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA" pola súa aportación na mellora do noso patio escolar e noraboa aos gañadores do concurso de relatos: Ximena e Iker de 5º, e Gabriela e Mateo de 6º.


luns, 28 de marzo de 2022

REFORMAS NO PATIO

Queremos agrader a colaboración e implicación de todas as familias voluntarias que están participando na mellora do noso patio.

Sen vós non sería posible.

mércores, 20 de outubro de 2021

COMEZAMOS O PRÉSTAMO DE PATIO E BIBLIO

Por fin, os desexados xogos de patio xa están dispoñibles e os voluntarios de patio están listos para comezar co traballo de ayuda e colaboración nesta tarefa.


Por outra banda, na biblioteca xa está todo listo para comezares co préstamo de biblio e outras tarefas.

venres, 13 de marzo de 2020

FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: PATIO DINÁMICOS E INCLUSIVOS

Nesta sesión de formación tivemos a sorte de contar coa presenza da arquitecta e educadora do equipo do Sistema Lupo, Patricia Gonzalez Pérez, que nos vai a axudar coa reforma do noso patio escolar.

Queremos agradecer a asistencia da concelleira de educación, o xefe de obra do concello, o profesor Eliseo do IES de Montecelo que quere colaborar con nós e ás familias que puideron asistir a esta primeira sesión de formación está orientada a toda a comunidade educativa.
Deixamos algún enlace por si queredes coñecer algunha cousiña mais do SISTEMA LUPO: