Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 31 de maio de 2023

FEIRA DE ARTESANÍA

Como peche final do mes das Letras Galegas, velaquí a nosa particular Feira de Artesanía. Grazas a todas as familias por colaborar e facer deste un día marabilloso na vosa compaña.

domingo, 22 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, ademais de traballar a vida e obra do homenaxeado deste ano, Florencio Delgado, o alumnado de Chancelas fixo apadriñamentos lectores en galego. Nesta ocasión entre os compañeiros da mesma clase para respectar os grupos estables de convivencia.


Ademais alumnado de 5º fixo un programa de radio adicado á vida e obra do escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado.

luns, 31 de maio de 2021

GLOBAL MUIÑEIRA EN CHANCELAS

O equipo de Dinamización da Língua en colaboración coas especialistas de Educación Física e Música quixeron pechar o mes de maio: Mes da Língua coa nosa particular Global Muiñeira.


venres, 21 de maio de 2021

O MURO DAS LETRAS GALEGAS

Aquí deixamos fotos do muro de pizarra do noso patio decorado co gallo das Letras Galegas.

OBRADOIRO INSTRUMENTOS MUSICAIS TRADICIONAIS

Neste mes adicado ás Letras Galegas, grazas á colaboración do Concello de Poio, os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º recibiron a visita de Nelson Quinteiro que nos ofreceu un obradoiro de Instrumentos musicais tradicionais galegos. Unha xornada fantástica onde todos disfrutamos da súa compañía, do seu humor e o seu arte.

mércores, 3 de xuño de 2020

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA LETRAS GALEGAS 2020

DANI DE 5ºA E XULIA DE 2º
 



MARTÍN DE 3º E CARLA DE 3 ANOS
    


             PALOMA DE 4º                                        MATÍAS DE 4 ANOS
 



domingo, 17 de maio de 2020

POEMA INÉDITO DE RICARDO CARVALHO CALERO

A Semente Trasancos honra a memoria do ilustre polígrafo ferrolano coa difusión do primeiro poema en língua galega titulado "A Galiza". Este texto foi publicado na revista "Maruxa" no día 20 de decembro de 1925. Carvalho Calero tiña quince anos. Ate este momento esta cantiga ficara inédita. Grazas á colaboración de Vitor Santalha e de José María Dobarro podemos compartila neste Día das Letras Galegas 2020. O vídeo "A Galiza, o primeiro poema en lígua galega de Ricardo Carvalho Calero" foi realizado coa dirección técnica de Bruno L. Teixeiro e recitado por Omar Calderón Yañez.

mércores, 13 de maio de 2020

luns, 11 de maio de 2020

CONCURSO DE RELATO CURTO LETRAS GALEGAS

Rabi está encantado con esta historia que nos preparou Sabela de 5ºB coas palabras galegas que escolleron os profes. Moi ben Sabela, outra valente que se atreve cos Relatos curtos

CONCURSO DE RELATO CURTO. LETRAS GALEGAS

Aquí deixamos o relato curto elaborado pola profe Alicia que, a pesares de non poder optar aos Rabipuntos, quiso agasallarnos con esta fermosa historia.

CONCURSO FOTOGRAFÍA. LETRAS GALEGAS

PAULA PAZ DE 2º

ALBA DE 5ºA


SARA DE 1º

GABRIEL DE 5 ANOS

venres, 8 de maio de 2020