Amosando publicacións coa etiqueta OBRADOIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OBRADOIRO. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de abril de 2025

OBRADOIRO OVOS DE OSTARA

Ostara é a festa pagana que se celebra no equinoccio de primavera. Un rito para honrar o despertar da natureza, a fertilidade, o equilibrio entre a luz e a escuridade.

Hai diferentes maneiras de celebrar Ostara: unha delas... decorar ovos.

Velaquí algunhas fotos do obradoiro onde Sole nos ensinou a tinguir os ovos e algunhas cousiñas oi interesantes.

Un agradecemento especial a Sole Saburido, nai de Malena 1º e Nahuel 4º pola súa colaboración.


luns, 9 de decembro de 2024

OBRADOIRO CIANOTIPIA

Grazas a Catalina a nai de Luan e Maia, o alumnado de 1º, 2º e 3º desfrutaron dun obradoiro de Cianotipia para decorar as súas tarxetas de Nadal.

venres, 8 de novembro de 2024

SESIÓN "ALFABETIZACIÓN OCEÁNICA" ORGANIZADA POR CIM E CAMPUS DO MAR

Hoxe tivemos a sorte de contar unha vez mais con Yolanda, de Arenaria Coordinación SLU, para ofrecernos una sesión interesantísima de Alfabetización oceánica organizada polo CIM (Centro de Investigació Mariña) da Universidade de Vigo.

Agradecemos moitísimo a Yolanda e a Arenaria Coordinación por pensar no noso cole para esta sesión na que o alumnado de 3º e 4º quedou enganchado de principio a fin.

domingo, 12 de maio de 2024

OBRADOIRO DE MODA. VISITA DE REBECA, NAI DE CARMEN

Os nenos e nenas de 1º, seguindo coas súas investigacións sobre a moda dos anos 70, recibiron a visita de Rebeca diseñadora de moda e nai de Carmen.

luns, 29 de abril de 2024

VISITA DA SOCIEDADE DE PESCA SOUTOMAIOR

Aula de natureza impartida por membros da Sociedade de Pesca Soutomaior que consistiu nunha charla sobre macroinvertebrados e bioindicadores da calidade da auga nos ríos, montaxe de mosca para pesca sen morte nos ríos e clase de técnica de lance de mosca seca.

martes, 26 de marzo de 2024

OBRADOIRO DISCIPLINA POSITIVA 2ª PARTE

Debido ao interese creado polo primer obradoiro de Disciplina positiva, as nosas profes Paula e Menchu, certificadas co título de Disciplina Positiva, decidiron ampliar un pouquiño más este tema.

xoves, 25 de xaneiro de 2024

OBRADORIO DISCIPLINA POSITIVA

O pasado martes 23 tivemos a visita de Bibiana Infante para facernos un obradoiro de Disciplina positiva coas nosas familias.

venres, 12 de xaneiro de 2024

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

 Velaquí algunhas fotos do obradoiro de Primeiros Auxilios promovido pola ANPA para o alumnado desde 4 anos a 3º de primaria.

mércores, 1 de novembro de 2023

OBRADOIRO DE HALLOWEEN EN FAMILIA

A nosa ANPA O Xunqueiro preparounos un obradoiro terrorífico onde puidemos decorar as cabazas para o Samaín e realizar espeluznantes manualidades. Velaquí algunhas fotos do obradoiro.