mércores, 30 de outubro de 2019

COIDADO AO ENTRAR NO COLE... HAI FESTA DE SAMAÍN

Neste Samaín tivemos unha xornada moi completa: traballamos, xogamos, bailamos e nos divertimos... e ademais tivemos a visita de Patt Skiner que nos fixo un contaconto bilingüe... de medo.

Ademais as nenas e nenos de 6º de Primaria interpretaron a lenda da lavandeira e o resultado foi ESPECTACULAR. Moi bo traballo, 6º mola, 6º mola...

Picade nas fotos para ver mais

DECORANDO PARA O GRAN DÍA

Xa está case todo preparado para o gran día. O cole está quedando TERRORÍFICO!!!!!

Picade na foto para ver mais
RECOMENDACIÓNS LECTORAS TERRORÍFICAS!!!!!

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras escollidas polos nosos voluntarios de biblioteca.


domingo, 27 de outubro de 2019

HOXE VISÍTANOS... ANXO MOURE E A SÚA CINECLETA

Facía xa uns anos que non tiñamos o gusto de desfrutar coas contadas de ANXO MOURE e por fin... chegou o gran día. Co gallo de conmemorar o Día das Bibliotecas e, aproveitando o novo invento de Anxo, a CINECLETA, puidemos facer un repaso moi orixinal sobre a historia do CINE.

Ademais das fotos deste día, deixamos tamén uns enlaces por si queredes coñecer mais a fondo o proxecto de ANXO MOURE.

https://www.facebook.com/contosolidarios/
https://www.contosolidarios.org/

Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Contos Solidarios leva xa máis de 6.600 sesións de contacontos en perto de 1.200 centros escolares, bibliotecas, e tamén en espazos abertos como bosques, parques, prazas, ríos... superando xa os 300.000 participantes, dende nenas e nenos de 0 a 3 anos ata nenos maiores de ata 100 anos.

Contos Solidarios transforma o conto en solidariedade coa entrega de bicicletas e material escolar en proxectos de cooperación en máis de 30 países de América Latina, Asia e África.

Contos Solidarios é unha proposta aberta a todas e todos os que queirades participar a través dun feixe de actividades diversas, dende achegarvos a escoitar un contiño enriba dunha árbore dentro dos Contos na Casa das Árbores, coñecer aos carballos que nacen dentro de botas vellas para transformarse en contos que lle dean vida ao bosque das historias do Carballo con Botas, ata convidar á Cliclobiblioteca á vosa escola, vila, pobo ou mesmo á vosa casa para que roden contos e cantos e se espallen en liberdade.


Convidámosvos pois a que entredes no mundo dos Contos Solidarios.


MOITAS GRAZAS ANXO, VOLVE PRONTO

Picade nas fotos para ver mais

ANXO CON INFANTIL

ANXO CON 1º, 2º e 3º

ANXO CON 4º,5º e 6º
BIBLIOTECAS DE PELÍCULA

Despois de moito investigar, aquí tedes algunha das respostas que deron os rapaces e rapazas sobre o xogo proposto por RABI onde tiñan que investigar sobre películas onde apareceran BIBLIOTECAS.

Picade na foto para ver mais fotos
ENTRADA E MÚSICA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta foi a decoración da entrada no Día das Bibliotecas onde incluimos cartel feito polo voluntariado, expositor sobre a visita de Anxo Moure, recomendacións lectoras e música timbre para este día tan especial.

Picade na foto para ver mais fotos

venres, 25 de outubro de 2019

VÍDEO RESUMO DO 
CURSO 2018 - 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como nestes últimos cursos, para conmemorar o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, realizamos unha actividade moi bonita chamada APADRIÑAMENTO LECTOR. 

A través desta actividade os padriños e madriñas (3º a 6º) cóntanlle un conto aos pequenos (infantil, 1º e 2º).

Este ano estivo un pouco pasado por auga, así que non puidemos desfrutar do aire libre. Aínda así cada parella lectora buscou o seu recuncho favorito para desfrutar dunha agradable lectura.

Picade na foto para ver mais fotos

Ademais con tal motivo, convidamos tamén ás familias a visitar a nosa biblioteca e coñecer o funcionamento da mesma. Ademais puidemos desfrutar dun vídeo resumo das actividades realizadas o curso pasado.

Picade na foto para ver mais fotos
PREPARANDO O CARTEL DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Xa case está todo preparado para o gran día, soamente quedan uns retoques... e listo.


VOLUNTARIADO DE PATIO

A biblioteca está a pleno funcionamento, pero o patio non se queda atrás. Aquí vos deixamos unhas fotos do voluntariado de patio que tamén fai un traballo espectacular de cara a mellorar a convivencia nos recreos.

Picade na foto para ver mais fotos
BIBLIOTECAS DE PELÍCULA

Comezamos cos xogos de investigación de RABI, e que mellor estreno que pescudando información sobre as bibliotecas das películas. Aquí tedes a carta que lles mandou RABI aos nenos de Primaria.

 

2ª ASEMBLEA DE CONVIVENCIA

Chegou a segunda asemblea de convivencia e, con ela, a avaliación da segunda norma: FALAMOS CON PALABRAS BONITAS E NUN TON AXEITADO. Pero cal foi o noso disgusto que non superamos este segundo reto. Queda pendiente xunto coa 3º norma: COIDAMOS E MANTEMOS O NOSO COLE LIMPO E ORDENADO.

Esperemos que esta vez superemos o reto e recuperemos a estrela do anterior. Seguro que sí.

Picade na foto para ver mais fotos
EN OUTUBRO COMEZAMOS COS PRÉSTAMOS

O noso voluntariado xa está mans á obra. Na nosa biblioteca estamos a pleno funcionamento.

Picade na foto para ver mais fotos

venres, 18 de outubro de 2019

HORA DE LER CON TITORIZACIÓN LECTORA

Definitivamente, o recanto de lectura debaixo das escaleiras foi todo un éxito. Alí se xuntan varios niveis e intercambian lecturas.

Picade na foto para ver mais fotos
PRIMEIROS RECREOS NA BIBLIOTECA

A partir do 1 de outubro comezou a funcionar a biblioteca a toda máquina e, con ela, o servizo de PRÉSTAMO e o noso ESPAZO CREATIVO. Aquí vos deixamos algúns momentos do recreo.

Pica na foto para ver mais

venres, 11 de outubro de 2019

1ª XUNTANZA XERAL DE CONVIVENCIA

Este luns celebramos a primeira asemblea de convivencia, na que alumnos e mestres avaliamos o RETO desta primeira quincena: "MOVÉMONOS AXEITADAMENTE EN CADA LUGAR". Reto que foi superado, polo que o alumnado puido desfrutar dun pequeno recreo extra.

Ademais tamén aproveitamos para presentar o segundo reto para esta quincena: "FALAMOS CON PALABRAS BONITAS E NUN TON ADECUADO". 

A ver como vai esta segunda norma... Xa vos contaremos.

Picade na foto para ver mais fotos
RETO: NORMAS DE CONVIVENCIA

NESTE COLE...

1. MOVÉMONOS AXEITADAMENTE EN CADA LUGAR

2. FALAMOS CON PALABRAS BONITAS NUN TON ADECUADO

3. COIDAMOS E MANTEMOS O NOSO COLE LIMPO E ORDENADO

4. ACTUAMOS ANTE AS INXUSTICIAS OU PEDIMOS AXUDA

5. RESPECTAMOS E COIDAMOS AOS QUE NOS RODEAN


6. ESCOITAMOS CON ATENCIÓN E RESPECTAMOS A QUENDA DE PALABRA

7. SOMOS PUNTUAIS

8. SOMOS UN EQUIPO E CONVIVIMOS COMO TAL

Estas serán as regras dos retos de convivencia:

1. Asemblea xeral cada quincena (profes e alumnos) na entrada do cole para valoración da norma (conseguida ou non) e presentación da seguinte.

2. Sistema de valoración: cada quincena un curso será o encargado de lembrar, aconsellar e valorar aos alumnos dos outros cursos. Haberá un curso encargado na planta baixa - zona primaria, outro na zona de infantil e outro na planta alta.

3. Consecuencias de conseguir ou non o reto:

- Reto superado: estrela dourada e recreo extra para os cursos que o consigan.
- Reto non superado: non se conseguirá a estrela dourada, polo que non poderán desfrutar do recreo extra e acumularán o reto para a vindeira quincena.

Queremos compartir todo isto con vos porque pensamos que sería moito máis productivo se desde casa tamén se traballaran as mesmas normas.

Grazas pola vosa colaboración.
MÚSICA TIMBRE ADICADA AO CIRCO

 

 
AS MOCHILAS... COMEZAN A VIAXARRRRRRR

Arrancamos outubro poñendo en marcha as mochilas viaxeiras. Os encargados de repartilas polas aulas foron os nosos voluntarios. Mirade que cargadiños van.

Picade na foto para ver mais fotos

1ª XUNTANZA DE DELEGADOS. NORMAS DE CONVIVENCIA

Este curso en Chancelas propuxémoslles aos nenos e nenas consensuar entre todos unhas normas de convivencia. Cada clase falou das que mais importantes lles parecían e despois, na xuntanza de delegados, elaboramos a lista de normas que nos vai guiar ao longo do curso.

Picade na foto para ver mais fotos

HORA DE LER... TEMPO DE RELAX

Aquí tedes aos maiores de infantil desfrutando dun momento de tranquilidade con música de fondo e un libro nas mans. 

Non se pode pedir mais.

Picade na foto para ver mais fotos
MÚSICAS TIMBRE - FESTIVAL DE CINE EN SAN SEBASTIAN

Xa arrancamos o curso e unha das primeiras músicas timbre propostas por Rabi foron estas:

 
FORMACIÓN DE USUARIOS COS PROFES NA BIBLIOTECA

Picade na foto para ver mais fotos

Nesta ocasión foron os profes os que nos tivemos que formar tamén como usuarios da biblioteca e poñernos ao día das novas metodoloxías que están a funcionar noutros coles.
RADIOCHANCELAS E O RETO DA CONVIVENCIA

VOZ NATURA: POR UN FUTURO SEN PLÁSTICO


En Chancelas xa comezamos o curso cun novo reto: Construir un futuro sen plástico a través do Proxecto de Voz Natura

O NOSO PDI DESDE CURSO É...
O CINE