Amosando publicacións coa etiqueta RADIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RADIO. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de outubro de 2023

mércores, 29 de marzo de 2023

luns, 21 de novembro de 2022

VISITA DEPORTIVA

Por aquí vos deixamos imaxes da visita da Fundación PHO3NIX, da cal son embaixadores o triatleta pontevedrés Javier Gómez Noya e o atleta Víctor Riobó, co obxectivo de fomentar a práctica de actividade física de cara a unha vida saudable.

Aproveitamos tamén para facerlle unha entrevista na nosa Radio Chancelas

Grazas pola iniciativa!!


PICADE NA IMAXE PARA ACCEDER Á ENTREVISTA

mércores, 16 de novembro de 2022

CHANCELAS EN ONDA CERO

O Concello de Poio vén de estrear unha actividade ideada para celebrar o 50 aniversario do Conxunto Histórico Artístico coa rapazada dun xeito lúdico e divulgativo. Trátase dunha actividade de rastrexo denominada Combarro City Chase e posta en marcha pola Concellería de Educación en cooperación cos colexios da zona, entre eles Chancelas.




COMBARRO CITY CHASE NA PRENSA

Ademais, grazas a este Proxecto, algúns dos nosos nenos e nenas puideron participar nun programa en directo con Onda Cero.


luns, 23 de maio de 2022

ENCONTRO LITERARIO CON JULIO SANTOS

O pasado 18 de maio de 2022, o mestre, xornalista e escritor marinense Julio Santos Pena foi entrevistado polos alumnos e alumnas de 4º de primaria.


PREMER PARA ACCEDER A MAIS FOTOS E VÍDEOS

 

Despois de ler o seu libro "Porque fun mestre na illa, Ons no meu corazón" invitámolo ao colexio para compartir un encontro do mais entrañable e enriquecedor.

 

Recibímolo a Ritmo de Foliada, concretamente a de Amoeiro, así como por dúas pezas máis interpretadas con acordeón, piano, instrumentos tradicionais, de láminas e pequena percusión.

 

De seguido, reunidos na biblioteca do centro, escoitamos un podcast elaborado polo alumnado recomendando a lectura de dito libro. Podcast emitido pola Radio Municipal de Tui.


Despois da conversa mantida cos alumnos e mestras Mª José e Alicia, esta última sobriña do escritor, e logo de facer un percorrido visitando as instalacións do centro educativo, algúns nenos e nenas fixéronlle unha entrevista en Radio Chancelas para rematar cunha despedida en Rabi TV.





As tornas cambiaron para Julio, xa que de estar sempre detrás da noticia, ese día a noticia era el. El foi o verdadeiro protagonista, as súas vivencias como mestre na illa de Ons hai mais de 50 anos, a súa labor como xornalista, a súa faceta de escritor... deixaron abraiados a uns ointes do mais espectantes e  interesados.

 

Unha experiencia do mais enriquecedora na que como en todo encontro con autores non podía faltar a firma de libros. Clausurando o acto alumnos e alumnas entregáronlle uns agasallos ao escritor.

 

"Grazas Julio polas túa conversa, polas túas historias, polas sinaturas dos libros, e sobre todo grazas polos gratos  momentos compartidos no Colexio de Chancelas. Ata pronto"

domingo, 22 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, ademais de traballar a vida e obra do homenaxeado deste ano, Florencio Delgado, o alumnado de Chancelas fixo apadriñamentos lectores en galego. Nesta ocasión entre os compañeiros da mesma clase para respectar os grupos estables de convivencia.


Ademais alumnado de 5º fixo un programa de radio adicado á vida e obra do escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado.

domingo, 24 de abril de 2022

VISITA ANTÍA YAÑEZ

Nesta ocasión, grazas a un Proxecto de Eroski/Vegalsa, tivemos a sorte de contar coa escritora Antía Yañez que fixo un obradoiro co alumnado de 5º e 6º de primaria para aprender estratexias e recursos sobre como escribir relatos. Neste caso, a temática sería "As Árbores".

Despois Joel, Carolaen, Matías e Martín de 6º fixéronlle unha entrevista en Radio Chancelas.


mércores, 30 de marzo de 2022

FORMACIÓN DE RADIO CON LUIS PARDO

Aquí deixamos algunhas fotos da formación que tivo o alumnado de 4º co periodista Luis Pardo.

luns, 17 de xaneiro de 2022

CHANCELAS INFORMA! O noso PDI para o curso 2021-22

Xa temos os resultados dos traballos nas aulas do primeiro trimestre para o noso PDI, CHANCELAS INFORMA! 

De novo o noso alumnado superou con moito as expectativas demostrando que iso da información está no seu dominio. 

Dende @s máis peques da casa ata chegar a @s que están máis preto da xubilación en Primaria, demostraron que o seu é a Radio, a Televisión e tamén a Prensa Escrita.

E aquí temos a fachenda de presentarvos o noso novo xornal dixital: CHANCELAS INFORMA!

Mirade, mirade...

Premede na imaxe e preparádevos para alucinar 😜


domingo, 17 de outubro de 2021

FORMACIÓN PROFES: RADIO E TV

Xa comezamos a prepararnos para un novo curso cheo de novidades e os profes, como non podía ser doutra forma estamos traballando arreo para que todo vaia á perfección.

FORMACIÓN RADIO CHANCELAS


FORMACIÓN RABI TV

xoves, 25 de febreiro de 2021

RECOMENDACIÓN LECTORA RADIO TUI: VAIA TROPA

Xa temos unha nova recomendación lectora dos nenos e nenas de 4º de Primaria para Radio Tui: Vaia Tropa, de Antón Cortizas. 

Lembrade que a podedes escoitar en directo accedendo no icono de Radio Tui na marxe dereita do noso blog.

sábado, 13 de febreiro de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Cada 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio pola UNESCO. Este ano dedicado á EVOLUCIÓN, INNOVACIÓN e CONEXIÓN da Radio. No cole a partires desta proposta pensamos que sería fermoso que desde a casa conectárades as vosas lembranzas da radio coa nosa actual emisora Radio Chancelas.

Hoxe queremos compartir con toda a comunidade educativa parte do contido destas gravacións que fixo o noso alumnado aos seus pais, nais, avos, avoas...

En próximas entradas ampliaremos o programa con todas as gravacións.

Esperamos que vos guste. 

venres, 5 de febreiro de 2021

OBRADOIRO DE RADIO: O CLUB DAS CINCO

No Obradoiro de Radio, Teresa, Nuria, Naiara, Rocío e Alba crearon "O Club das Cinco". Aquí vos deixamos algunhas das súas creacións.

xoves, 21 de xaneiro de 2021

RECOMENDACIÓN PARA RADIO TUI

Aquí vos deixamos a recomendación lectora dos nenos e nenas de 4º para Radio Tui: Guía ilustrada de Galicia invisible, de Antonio Reigosa. Todos uns profesionais.