Por fin chegou o día e recibimos a visita tan esperada de Antonio García Teijeiro despois de traballar as súas obras durante todo o curso. Recibímolo a ritmo de jazz coa colaboración especial de Rosolino Marinello, pai de Selene de 3º de primaria.
sábado, 3 de maio de 2025
venres, 21 de marzo de 2025
martes, 11 de febreiro de 2025
mércores, 24 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO E VISITA DE EVA MEJUTO
xoves, 15 de febreiro de 2024
XOGAMOS EN SAN VALENTÍN
Co gallo da Semana de San Valentín, Rabi propuxo un xogo. Das fotos propostas, tiñamos que elexir unha e inventar unha historia de amor. Ademais tamén "sacamos do armario" fondos sobre a diversidade afectiva e sexual que temos na biblioteca.
mércores, 1 de novembro de 2023
INERCAMBIO DE CARTAS POLOS APADRIÑAMENTOS LECTORES
Co gallo de celebrar o Día internacional das Bibliotecas cos nosos habituais apadriñamentos lectores, as parellas madriña/padriño e afillada/o levan uns días coñecendose a través de visitas e intercambio de cartas. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos encontros.
PICADE NA FOTO PARA ACCEDER AO ÁLBUM
xoves, 27 de abril de 2023
VISITA DE PAULA CARBALLEIRA
Por fin... o resultado final. Despois destes meses adicados ao noso proxecto "ESCRIBIR COMO LECTORES" coas obras de PAULA CARBALLEIRA, aquí vos deixamos o broche de ouro coa visita da autora. E tamén apuntamos un enlace deste programa iberoamericano, organizado pola ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LECTURA E ESCRITURA (AELE) e a FUNDACIÓN SM, que pretende poñer a literatura ao alcance dos nenos e nenas a través da organización de distintas prácticas de escritura a través da lectura dunha obra de autor.
mércores, 29 de marzo de 2023
OBRADOIRO RADIO NA BIBLIO
Velaquí as fotos do obradoiro de Radio na Biblio con Soledad Felloza. Todo un placer contar con esta profesional.
luns, 14 de novembro de 2022
O SAMAÍN EN CHANCELAS: MONSTROS MARIÑOS
Este curso, polo Samaín, ambientamos as portas das aulas cos nosos particulares monstros mariños e elaboramos unha ficha técnica de cada un deles e, como é costume decoramos o cole con cabazas terroríficas.
PICADE NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS
VISITA ESTELA DÁNGELO
O día 10 de novembro tivemos a sorte de recibir a visita de Estela D´Angelo, doctora en Ciencias da Educación, profesora na Universidade Complutense de Madrid e presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE).
venres, 6 de maio de 2022
PLANTACIÓN DE ÁRBORES EN CHANCELAS
Grazas ao Proxecto de Eroski/Vegalsa "UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA" pola súa aportación na mellora do noso patio escolar e noraboa aos gañadores do concurso de relatos: Ximena e Iker de 5º, e Gabriela e Mateo de 6º.
mércores, 4 de maio de 2022
OBRADOIRO "VIVE A BIBLIO EN FAMILIA"
Nesta ocasión visitounos Damián Alonso, de SoloVoz, que nos ofreceu un obradoiro moi especial onde familias e profesorado puido compartir unha morea de experiencias e recursos sobre o arte de como contar historias.
martes, 3 de maio de 2022
VISITA DE MARIA CANOSA
Este curso quixemos conmemorar o Día do Libro cunha visita moi especial. Maiores, pequenos, profes... todos estabamos desexando que chegase este día despois do esforzo e traballo realizado durante todo o curso arredor dos libros de María Canosa.
Recibimos a esta escritora cunha peza musical interpretada polos nenos e nenas de 4ºB e despois por quendas fomos coñecendo a nosa invitada. Foi moi entrañable e todo grazas ao agarimo e cercanía de María.
domingo, 24 de abril de 2022
VISITA ANTÍA YAÑEZ
Nesta ocasión, grazas a un Proxecto de Eroski/Vegalsa, tivemos a sorte de contar coa escritora Antía Yañez que fixo un obradoiro co alumnado de 5º e 6º de primaria para aprender estratexias e recursos sobre como escribir relatos. Neste caso, a temática sería "As Árbores".
Despois Joel, Carolaen, Matías e Martín de 6º fixéronlle unha entrevista en Radio Chancelas.
sábado, 5 de xuño de 2021
ESCRIBIR COMO LECTORES: MARILAR ALEIXANDRE
sábado, 10 de abril de 2021
OBRADOIRO DE POESÍA CON MARÍA LADO
Queremos desde o cole agradecer a visita da escritora María Lado Lariño e polo precioso obradoiro que fixo co alumnado de 5º e 6º.
sábado, 30 de xaneiro de 2021
FELIZ DÍA DA PAZ
Hoxe no Día da Non Violencia e a Paz queremos agasasarvos co Proxecto que realizamos coa colaboración de toda a Comunidade Educativa: A LENDA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS.
"Unha lenda xaponesa di que se fas mil grúas de papel, o teu maior desexo farase realidade".
No cole traballamos esta lenda a través da:
- Creación de HAIKUS: Xénero literario de orixe xaponés escrito en 3 versos sen rima, facendo referencia a escenes da natureza ou da vida cotiá.
- DECORACIÓN DE PORTAS contando a historia de Sadako partindo da proposta da Casa Rosada polo Día da Paz.
- PEZA MUSICAL 4º de Primaria, na especialidade de música.
UN HAIKU POLA PAZ
Este curso, Chancelas mergullouse no mundo xaponés coa creación de HAIKUS partindo da historia de SADAKO SASAKI. Pero... sabedes qué é un HAIKU?
Aquí vos deixamos un enlace moi interesante do Salón do libro onde Cristina Corral nos explica de xeito claro e breve qué é un HAIKU.