martes, 11 de febreiro de 2025
martes, 30 de xaneiro de 2024
DÍA DA PAZ 2024
luns, 30 de xaneiro de 2023
DÍA DA PAZ
Como todos os anos, colaboramos no Día da Paz coa Casa Rosada do Concello de Poio. Este curso o reto era conseguir axuda económica para a Casa Gaiato, en Mozambique.
Aproveitamos ademais para coñecer un pouquiño mais a cultura deste pais e aquí tedes algunhas das cousas que fixemos.
venres, 4 de marzo de 2022
luns, 31 de xaneiro de 2022
DÍA DA PAZ 2022
Aquí vos deixamos os traballo conxunto de todos os coles do concello de Poio coa actividade proposta pola Casa Rosada (Centro de Servizos Sociais de Poio) chamada: Cachiños de Paz. Trátase de facer un collage xigante relacionado co Día da Paz e os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.
luns, 26 de abril de 2021
ALMORZO SAUDABLE 5 ANOS
Aquí vos deixamos un resumo da merenda saudable, na aula de 5 anos, coa que nos agasallaron desde a Casa Rosada do Concello de Poio pola participación no concurso de decoración de Portas pola Paz.
Desde aquí agradecemos a implicación e o agarimo das nosas compañeiras da Casa Rosada.
sábado, 30 de xaneiro de 2021
FELIZ DÍA DA PAZ
Hoxe no Día da Non Violencia e a Paz queremos agasasarvos co Proxecto que realizamos coa colaboración de toda a Comunidade Educativa: A LENDA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS.
"Unha lenda xaponesa di que se fas mil grúas de papel, o teu maior desexo farase realidade".
No cole traballamos esta lenda a través da:
- Creación de HAIKUS: Xénero literario de orixe xaponés escrito en 3 versos sen rima, facendo referencia a escenes da natureza ou da vida cotiá.
- DECORACIÓN DE PORTAS contando a historia de Sadako partindo da proposta da Casa Rosada polo Día da Paz.
- PEZA MUSICAL 4º de Primaria, na especialidade de música.
UN HAIKU POLA PAZ
Este curso, Chancelas mergullouse no mundo xaponés coa creación de HAIKUS partindo da historia de SADAKO SASAKI. Pero... sabedes qué é un HAIKU?
Aquí vos deixamos un enlace moi interesante do Salón do libro onde Cristina Corral nos explica de xeito claro e breve qué é un HAIKU.
xoves, 28 de xaneiro de 2021
CON SADAKO POLA PAZ
Como todos os cursos, a Casa Rosada do Concello de Poio fai unha proposta a todos os coles de Poio polo Día da Paz. Este ano, tocounos decorar as portas: Portas pola PAZ.
Nós, en Chancelas, quixemos darlle unha volta e, ademais de decorar as portas, contámoslle aos nenos e nenas a historia de Sadako e a lenda das grullas.
Velaquí uns enlaces para coñecer un pouco sobre o tema: