venres, 10 de maio de 2019

ANTÓN CORTIZAS EN CHANCELAS

Este foi un día especial como hai poucos. Os maiores, os pequenos, os profes... todos estabamos desexando que chegase este día despois do esforzo e traballo realizado durante todo o curso.

Recibimos a Antón Cortizas co acordeón de Adrián de 6º e os primeiros en coñecelo foron os chanceliñas de infantil. Esta primeira parte foi moi entrañable e todo grazas a cercanía de Antón cos nenos.

Picade na foto para ver mais

Despois fixemos un descansiño onde algúns nenos e nenas de 5º lle fixeron unha entrevista na radio Antón.

Picade na foto para ver mais

E por último, tocoulle a quenda aos nenos de primaria, que touxeron os seus libros para quedarse co recordo da sinatura de Antón. 

Un día intenso e moi especial. 

Grazas por todo Antón!!!!


Picade na foto para ver mais

Ningún comentario:

Publicar un comentario