luns, 19 de marzo de 2018

INVESTIGANDO CON RABI

"Investigando con Rabi" e unha actividade que parte da Biblioteca e que se realiza de forma voluntaria nalgúns recreos. Ten como obxectivo mellorar as habilidades na procura, tratamento e comunicación da información (onde buscar, seleccionar, contrastar e sintetizar a información, anotar fontes...).

A actividade consiste en contestar algunhas cuestións relacionadas co PDI que estamos a traballar. Como xa saberedes, este ano con motivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) vai sobre O Patrimonio histórico-artístico de Combarro.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de como traballan os nosos nenos e nenas. Picade na foto para ver mais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario