mércores, 27 de decembro de 2017

OBRADOIRO MATEMÁTICAS OAOA CON JULIO FERRO

Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro que nos fixo Julio Ferro, membro da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemética (AGAPEMA) sobre as Matemáticas OAOA. 

Picade na foto para ver mais

JULIO FERRO MARRA
Experto universitario (UNED 2002-2003) en Recursos e Materiais para a Ensinanza da Matemética en Educación Infantil, Primaria e ESO.
Ponente de cursos de formación do profesorado nos CEFORES de Vigo, Pontevedra, Tui, A Coruña, Ourense, Lugo e Ponferrada.
Creador e coordinador pedagóxicoda Semana Matemética en Vigo (a partires da 9ª edición IMATXINA), que vai xa pola 13ª edición.
Responsable en Vigo, desde fai anos, da realización do Rebumbio (Concurso de mateméticas para 6º de Primaria), da Olimpiada Matemática para 2º da ESO e de Matemáticas na Raia para 3º da ESO en colaboración coa APM (Asociación de Profesores de Matemáticas en Portugal). Todas elas organizadas pola AGAPEMA, sociedade da cal é Secretario Xeral desde 2011.
Profesor de matemáticas, debuxo técnico e tecnoloxía no CPR Rosalía de Vigo e recén xubilado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario