sábado, 23 de maio de 2020

RETO 4. UN COLE DE CINE

Como moitos sabedes, desde fai anos, rematamos o curso cunha Xornada de portas abertas. É este o momento onde os nenos e nenas do cole expoñen todo o traballo realizado sobre o PDI: as súas produccións, as súas investigacións, as súas vivenzas... en fin, algunhas das súas aprendizaxes.

Pero este curso foi diferente, non puidemos amosar unha morea de cousas que con tanta ilusión argallamos e que con tantas ganas esperabamos o alumnado, o profesorado e... imaxinamos que tamén as familias. Por este motivo gustaríanos pechar o noso PDI adicado ao CINE coa vosa axuda.

Que cómo podedes axudar? Pois abrindo nesta ocasión as vosas casas ao cole participando neste RETO DE RABI. Para este reto soamente tedes que elexir unha destas tres modalidades:
  • ANUNCIO PUBLICITARIO ANTI-PLÁSTICO: Nesta opción podedes recurrir á cartelería, eslogan, logotipo...
  • FAMILIA DE CINE: Consiste en elexir a escena mítica dunha película e dramatizala en familia empregando todo o que se vos ocurra (maquillaxe, vestiario... e toda a vosa imaxinación).
  • CARTELELA EN FAMILIA: Trátase de simular ou recrear en familia o cartel dunha película. Seguro que todos vistes a moda de imitar cadros famosos, verdade? Pois nós propoñemos a mesma actividade pero cun cartel de cine.

A duración desta actividade será ata rematar o curso o 19 de xuño e os participantes serán recompensados con 3 Rabipuntos.

LUCES, CÁMARA... AAAAAAAAACCIÓN!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario