mércores, 24 de outubro de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

E como non, as familias teñen tamén o seu momentiño especial o Día Internacional das Bibliotecas. Proxectamos un vídeo resumen de todas as actividades que fixemos ao longo do curso 2017/2018. Ademais aproveitamos o momento para informar e formar ás familias sobre o funcionamento da nosa biblioteca e captar "clientes". 

Grazas pola vosa participación


Picade na foto para ver mais
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

E por fin chegou o día, o 24 de outubro, Día internacional das Bibliotecas. Como todos estes últimos anos fixemos un apadriñamento lector. Aquí vos deixamos estas fermosas fotos, unha marabilla.


Picade na foto para ver mais
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS


venres, 19 de outubro de 2018

PDI. SAÍDA AO MONTE

Os nenos e nenas de infantil saíron a un monte cercano a investigar cousiñas para o noso Proxecto Documental Integrado deste curso. Atopamos carteis con preguntas e informacións que despois na clase investigamos. 

Pasámolo xenial!!!

mércores, 17 de outubro de 2018

SOMOS ÚNICOS POR ALGO ÚNICO:
O NOSO MONTE

Aquí vos deixamos o novo cartel do Proxecto de Voz Natura onde participamos e que será o fío para o noso traballo no PDI (Proxecto Documental Integrado).

martes, 16 de outubro de 2018

CARTEL PARA O
"DÍA DAS BIBLIOTECAS"

Xa estamos a preparar o Cartel que anuncio a celebración do "Día das Bibliotecas". Vai quedar moi fermoso.


HORA DE LER EN INFANTIL

Os mais pequeniños de Chancelas non perden o tempo, mergúllanse nas historias dos contos da biblioteca, aprenden a colocalos, a pasar as páxinas sen estragar os libros, a disfrutar cunha lectura relaxada... En fin, é unha delicia velos en plena acción.
Picade na foto para ver mais

venres, 12 de outubro de 2018

AS MOCHILAS COMEZAN A VIAXAR

Xa temos as mochilas preparadas para percorrer as casas de todos os nosos chanceliñas e chancelotes. Agora so tedes que disfrutarrrrrr!!!


xoves, 11 de outubro de 2018

QUEREMOS RADIO EN CHANCELAS

Este ano os profes están empeñados en montar unha radio en Chancelas. Xa temos o espazo preparado, falta comprar o equipamento e un pouquiño de formación. 

Próximamente... RADIOCHANCELAS

martes, 9 de outubro de 2018

COMEZAMOS O PRÉSTAMO

Arrancamos en outubro co préstamo na nosa biblioteca grazas a axuda dos nosos voluntarios. En infantil farémolo coa titora e a profe de apoio, e en primaria iremos no recreo un momentiño a escoller o  libro que queiramos levar. Xa temos un calendario co día que nos toca a cada curso. 
  • LUNS: 5º e 6º
  • MÉRCORES: 3º e 4º
  • XOVES: 2º
  • VENRES: 1º

sábado, 6 de outubro de 2018

PRIMEIRA REUNIÓN DE DELEGADOS

Xa están nomeados as delegadas e delegados novos para este curso. Xa tivemos a primeira reunió para presentarnos e para arrancar con temas moi importantes para a convivencia na escola.

PREPARANDO O PDI

Os profes de Chancelas xa nos estamos poñendo en marcha co PDI. Adiviñades sobre que tema tratará...

NOVO PUNTO DE LECTURA

Estrenamos novos espazos no cole. Aquí tedes o novo punto de lectura. Esperemos que vos guste, aos nenos e nenas encántalles.



COMEZAMOS O COLE

Xa acabaron as vacacións así que Rabi quere dar a benvida aos chanceliñas e chancelotes cos mellores desexos.