luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

Aquí vos deixamos os traballo conxunto de todos os coles do concello de Poio coa actividade proposta pola Casa Rosada (Centro de Servizos Sociais de Poio) chamada: Cachiños de Paz. Trátase de facer un collage xigante relacionado co Día da Paz e os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.


luns, 17 de xaneiro de 2022

CHANCELAS INFORMA! O noso PDI para o curso 2021-22

Xa temos os resultados dos traballos nas aulas do primeiro trimestre para o noso PDI, CHANCELAS INFORMA! 

De novo o noso alumnado superou con moito as expectativas demostrando que iso da información está no seu dominio. 

Dende @s máis peques da casa ata chegar a @s que están máis preto da xubilación en Primaria, demostraron que o seu é a Radio, a Televisión e tamén a Prensa Escrita.

E aquí temos a fachenda de presentarvos o noso novo xornal dixital: CHANCELAS INFORMA!

Mirade, mirade...

Premede na imaxe e preparádevos para alucinar 😜


domingo, 9 de xaneiro de 2022