luns, 26 de decembro de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL

RAÚL VACAS EN CHANCELAS

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º tiveron a visita de Raúl Vacas, autor de Abecé Diario:

Abecé Diario propón xogar coas letras e coas palabras, pero tamén acender ou avivar o interese e o gusto pola poesía. Para isto é importante perderlle o medo e convertila nun instrumento de aprendizaxe e nun método de descubrimento das cousas.

DESMANTELANDO A BIBLIOTECA

Ufff!!! Os voluntarios da biblioteca, os profes e unha chea de colaboradores andamos a cen por hora.

Nas vacacións de Nadal van a facernos obras na Biblioteca e temos que deixar todo listiño. Estamos a recoller e gardar todos os materiais da biblioteca: libros, audios, videos, xogos... Non paramos!!!

ESTELA D´ANGELO A 1º DE PRIMARIA

Aquí tedes o obradoiro que fixeron os nenos e nenas de 1º con Estela D´Angelo, profesora da Universidade Complutense de Madrid e Presidenta da Asociación Española de Lectura e de Escritura (AELE). 

Primeiro leunos un fragmento do libro de Eduardo Galeano, Los sueños de Helena, e a partires de ahí... a escribir...

Toda unha profesional, é un luxo contar con ela.


CONTOS POR NADAL - 6º

E por último, os maiores do cole fixeronlle un videoconto cun poema de Raúl Vacas: N de Nieve aos  nenos e nenas de 3º. Todos uns profesionais.

venres, 23 de decembro de 2016

CONTOS POR NADAL - 5º

Os maiores de 5º quixeron contarlle un conto navideño aos pequeniños de 4 anos, así que escolleron Fermín e os Reis Magos. Os pequenos quedaron encantados.



CONTOS POR NADAL - 4º B

A cousa que mais doe no mundo é o conto que a clase de 4º B lle contou a 5 anos. Adiviñades cal pode ser esa cousa que tanto doe?




CONTOS POR NADAL - 4º A

Os nenos e nenas de 4º A escolleron Un agasallo perfecto para contarllo á clase de 5 anos. Un conto moi bonito e apropiado para estas datas.




CONTOS POR NADAL - 3º

A casa da mosca chosca foi o conto que lles pareceu mais apropiado aos nenos e nenas de 3º para contarllo a clase de 2º. Con atrezzo e todo.




CONTOS POR NADAL - 2º

O conto que escolleu a clase de 2º foi A vendedora de mistos. Os nenos e nenas de 3 anos quedaron abraiados do ben que lles saiu.



CONTOS POR NADAL - 1º

Os nenos e nenas de 1º quixeron empregar as novas tecnoloxías para contar o seu conto Guyi guyi aos de 6º. Un proxecto moi chulo.


CONTOS POR NADAL - 5 ANOS

Santa´s surprise foi o conto elexido pola clase de 5 anos para relatarlles aos nenos e nenas de 4º A, nada mais e nada menos que un conto en inglés. Que nivel hai en 5 anos!!!





CONTOS POR NADAL - 4 ANOS

Os nenos e nenas de 4 anos escolleron o conto de Paco papán para contarllo aos de 5º. Saiulles mooooi ben.




CONTOS POR NADAL - 3 ANOS

Aquí temos aos nenos e nenas de 3 anos contándolle o conto Paxariña de Papel a 4ºB. Unha monada.